Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Informática
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas

25/4/13

A Revolución virtual "O prezo do gratuíto".

A web parece estar a desafiar todo o sentido económico que coñecemos. Se o acceso á maioría dos sitios web é gratuíto, que conseguen a cambio todas as empresas que gastan fortunas nos seus sitios web? Neste novo negocio da información a moeda de cambio, non é tanto o diñeiro físico coma os datos e características do usuario potencial do ámbito web.

Así vemos como a nosa privacidade se dilúe, trafícase con ela, en favor dos intereses económicos das grandes empresas virtuais. Neste documental aproxímannos ao afán dos anunciantes por descubrir o que tecleamos en Google e o que estaría disposto a pagar por influír no resultado do que vemos cando pulsamos 'Buscar'. Non obstante, Google está a dirixirse cara ao desenvolvemento de redes sociais como Facebook que requiren de claves de acceso. Converteranse estas redes invisibles nunha web paralela?


13/11/11

Concurso de presentacións electrónicas de Nadal - Secretaría Xeral de Política Lingüística

Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal.

O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Se estades interesados en participar, podedes enviar as vosas presentacións a calquera dos seguintes enderezos electrónicos: secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou a sxpl.secretaria@xunta.es . O prazo de admisión das propostas remata o día 9 de decembro de 2011.

Todas as presentacións-e que realicedes contribuirán, sen dúbida, a favorecer o uso da linguga galega na comunicación propia destas festas e no ámbito das tecnoloxías.

Consulta aquí as bases do concurso

6/10/11

Adeus a Steve Jobs

Falece Steve Jobs, o home que revolucionou o computador persoal cos Mac, o cine de animación con Pixar, a música co iPod, os móbiles co iPhone, e pretendía cambiar os medios de comunicación co iPad.

3/3/11

COPYLEFT


O Copyleft, en contraposición ao Copyright, é un grupo de licenzas que se utilizan e que garanten o dereito de calquera usuario a utilizar, modificar e redistribuír un programa ou os seus derivados, sempre que se manteñan estas mesmas condicións de utilización e difusión. É un concepto clave do denominado Software libre e o seu obxectivo principal é impedir que o material que se acolle a estas licenzas poidan quedar xuridicamente suxeitos a dereitos de autor.


Engloba as seguintes licenzas:

GPL: orientada principalmente a protexer a libre distribución, modificación e uso de software.

Creative commons: sistema flexible de licenzas copyleft para o traballo creativo.

Coloriuris: destinado aos creadores de contidos - literarios, musicais, audiovisuais e fotográficos - que utilizan o world wide web para a súa difusión, publicación e/ou posta a disposición que queiran ceder os dereitos patrimoniais das súas creacións dentro e fóra da rede.

Licenza Aire Incondicional: especialmente realizada para a exposición "Aire Incondicional", levada a cabo no Centro de Arte Shedhalle (Zürich) e aplicada a unha serie de contidos dentro da exposición e a outros realizados durante o tour de presentacións en Suíza.

Licenza Arte Libre: destinada a promover e protexer prácticas artísticas liberadas das regras exclusivistas da economía de mercado.

Ampla información nos seguintes enlaces:
 
 
 
Derecho de Internet - Blog de Javier de la Cueva, avogado especializado en Propiedade Intelectual.


Entrevista con Javier de la Cueva

15/2/11

IV Concurso "Ignacio López Bueno" de Presentacións Informáticas

O IES Terra de Trasancos convoca o IV Concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas que este ano terá como tema "Recursos Naturais do 3º Mundo".
Nel poderá participar tódolos alumnos de ESO, Bacharelatos ou Ciclos de FP que estean matriculados no presente curso escolar en centros educativos de Galicia.
O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 1 de abril. Os traballos poden entregarse na Secretaría do centro, envialos por correo ordinario en formato CD ou DVD, ou ben remitilos por correo electrónico poñendo como asunto IV Concurso Ignacio López Bueno.

23/4/09

O libro en Internet


Este martes 21 de abril abriu oficialmente a Biblioteca Dixital Mundial (WDL), unha iniciativa impulsada pola Unesco para acceder de balde, a través da internet, a fondos de grandes bibliotecas do mundo en diversos idiomas.
Xa existe dende hai algúns meses a biblioteca europea Europeana, máis centrada na cultura do continente.
En galego temos a Biblioteca Virtual Galega, impulsada pola Deputación da Coruña e pola UDC. Tamén están dispoñíbeis obras da literatura universal traducidas ao galego en Bivir.com, creada pola Asociación de Tradutores Galegos.
Outra importante fonte de contidos é Archive.org, onde tamén hai dispoñíbeis todo tipo de documentos multimedia e versións gardadas de moitas webs da internet co aspecto que tiñan hai máis dun ano.
Na internet é posíbel acceder a moitas tendas de libros electrónicos, que se poden ler no ordenador ou en lectores de e-books. Dende elas pódense mercar versións dixitais das últimas publicacións e tamén de material clásico. Porén, existen fontes para acceder de balde a obras liberadas de dereitos de autor, como o Proxecto Gutenberg.
Por último, podemos subliñar o labor de Google, que está a dixitalizar libros de todo o mundo. Pódense acceder a estas obras dende o seu buscador de libros, que ofrece versións completas ou parciais daquelas obras protexidas con dereitos de autor, aos que tamén se lles dedica a data que se conmemora este 23 de abril.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas