Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas recomendadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas recomendadas. Mostrar todas las entradas
22/6/15
19/12/13
14/5/12
LENDO PARA MEDRAR...
Este libro é un clásico da literatura brasileira que conta a historia de Zezé , un neno de cinco anos que vai espertando á vida coas súas alegrías e tristezas. Ao non comprender o mundo dos adultos, sostén longas conversas cunha árbore.
Eu recomendaríalles aos meus compañeiros A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, porque é unha obra fermosísima que representa de maneira moi especial certos sentimentos das persoas.
Alba Núñez Aldudo 4º ESO A
11/5/12
FIN DE SEMANA... CON LIBROS
Este libro de Roald Dahl conta a historia dunha rapaza superdotada que ten a mala sorte de ter unha familia que non a comprende.
Matilda gustoume moito porque é un libro no que a intelixencia e poderes da rapaza protagonista pasan desapercibidos para os seus pais e irmán.
Recomendaríallo a calquera persoa, pero especialmente a quen teña un carácter simpático e lle guste gastar bromas.
Jorge Paz Ares 2ºESO A
Asmir era un niño que vivía en Sarajevo cuando estalló la guerra. Después de ver como bombardeaban todo, huyó con su hermano, su madre y su abuela a Hungría. Allí vivieron como refugiados con escaso dinero y pasando muchas penurias.
Me gustó mucho este libro porque nos hace reflexionar sobre lo mal que vive alguna gente y lo bien que vivimos nosotros.
Rocío Sánchez Albite 3º C
9/5/12
HOXE RECOMENDÁMOSCHE...
Empezamos hoxe a mostrarvos as recomendacións de lecturas do noso alumnado: cada día unha. Esperamos que vos animedes a ler algún destes libros... se aínda non o fixestes.

O meu libro favorito é Ás de bolboreta de Rosa Aneiros. Gustoume porque as historias son moi variadas e entretidas. Recomendaríao para calquera rapaz ou rapaza de segundo ciclo de ESO.

O meu libro favorito é Ás de bolboreta de Rosa Aneiros. Gustoume porque as historias son moi variadas e entretidas. Recomendaríao para calquera rapaz ou rapaza de segundo ciclo de ESO.
Un café da cidade de Santiago ( o Luzada) é o lugar polo que van transitar ao longo da mañá toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais. Alí xúntanse unha morea de personaxes cuxas vidas iremos descubrindo ou máis ben intuíndo ao longo da novela.
Fco. Javier Villar Das Neves 4º ESO A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas