Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Homenaxes
Mostrando entradas con la etiqueta Homenaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Homenaxes. Mostrar todas las entradas

2/2/11

Pucho Boedo deixounos hai 25 anos

Cumpríronse vinte e cinco anos do falecemento de Pucho Boedo, o cantante máis popular de Galicia. Foi un vinte e seis de xaneiro cando nos dixo adeus na súa cidade natal da Coruña, onde está enterrado, no cemiterio da San Amaro. Pero o artista, a pesar do cuarto de século transcorrido, segue vivo no corazón de miles e miles de galegos. A voz do "crooner" coruñés segue espertando sentimentos e emocións como cando daba os seus primeiros pasos artísticos coas orquestras da Coruña, ou percorría o mundo co grupo Os Tamara, triunfando en escenarios de tanto prestixio coma o Olympia de París, compartindo escenario con con Charles Aznavour e Jacques Brel.


O cantante máis popular da historia de Galicia naceu na Coruña o día 4 de xaneiro de 1929 e faleceu o 26 de xaneiro de 1986. É o único cantante de música lixeira que conta con varios monumentos na súa honra, un no Ventorrillo e outro na praza de Azcárraga. Pucho empezou como cantante de orquestra e incorporouse ao grupo Os Tamara en 1959. Foi a partir de entón cando deu o mellor da súa arte, gravando músicas de todos os estilos, aínda que coas que gañou un maior recoñecemento foi coas melodías galegas musicadas polo mestre Romo sobre textos de grandes poetas galegos. A súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego.  Puxo música aos versos de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro.


Os Tamara - Negra sombra




Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo
Pucho Boedo, o crooner infinito
Os Tamara  -  Os precursores do pop galego
Os Tamara  -  Allá, Allá / Galicia, Terra Nosa / El Amor / Mashed Potato Time
Os Tamara  -  Na Fermosa Galicia
Os Tamara  -  Miña Galicia Verde
Pucho Boedo  -  Volvendo con Os Tamara

25/7/10

Lingua de fermosas verbas


Badalada Orballo Cedo Angazo Xirín Esquío Bagoa Chintófano Xalundas Fervelleasverzas Desacougo Amorodo Meniño Belisco Esguello Tenrura Salouco Agarimo Pardal Lembrar Maimiño Ardentia Chorima Lume Fiuncho Beixo Axouxere Esquecer Vagalume Laranxa Bolboreta Arrecendo Borboriño Ledicia Enxebre Luar Alicerce Lingua Brétema Sapoconcho Lembranza Agro Brincadeira Maruxía Pinga Esmorga Bico Acivro Folerpa Aloumiño Billa Caluga Solpor Anduriña Foliada Pedraluma Améndoa Fermosa Ardora Lóstrego Luscofusco donicela Larpeiro Fervenza Morea Cóxegas Sobreira Landoa Nébeda Feitizo Barbantesa Salgueiro Nai...

1/7/10

Onte no vello cárcere de coruña asistimos a unha emocionante homenaxe a Berger

Poesía sin xénero, voz de beleza dura, diamantes con arestas, contrastes; a forza ferinte da nosa Lupe oposta á calidez ferida de Rosa Aneiros. Unha cantando a morte, a outra o nacemento, as dúas a dor de vivir conscentes. A paixon ferida, desaucagada, ferrada en verso de Xoan Abeleira fronte a dicción morna e repousada, tranquila como un regacho, doce ,de Cesario. Iolanda e Manolo ,tan ben, como sempre.
De pano e fondo e remate ,a música de Berrogüeto ca voz emocionada e emocionante de Xabier Díaz. O saír ,un sol de lume perdéndose no mar e na neboa.

23/4/10

Día del Libro


Hoxe despedimos a Mario Díez Collado na nosa biblioteca e acompañamos na súa dor á súa viúva María del Carmen Sotillo (Menchu) que ao longo da mañá, transformada pola dor, foise convertendo en Sofía, Hortensia, María, Paula e Pepa.

10/4/10

Homenaxe a Uxio Novoneyra no Rosalia


Canto de permanencia" estrearase no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves día 15. Un documental creativo sobre a figura de Uxío Novoneyra,Uxía Senlle pon voz a poemas do autor, O documental está dirixido por Carlos Seijo e ideado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
CANTO DE PERMANENCIA
HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA

Uxía Senlle pon voz a poemas de Uxío Novoneyra
Teatro Rosalía Castro (C/Riego de Agua)
Función: 20.30 h.
Entrada libre ata completar capacidade

2/3/10

Miguel Hernández por Silvio Rodríguez

En el colofón de la Feria Internacional del Libro de La Habana se ha celebrado la presentación del CD que recoge las canciones finalistas y ganadoras del concurso convocado por el Centro Cultural Pablo de la Torriente Brau y la Fundación, con motivo del centenario del poeta oriolano, dentro de las jornadas organizadas conjuntamente con el Círculo Hernandiano de Cuba. La presentación del trabajo ha coincidido con la del libro de Fernando González Lucini “Miguel Hernández. ¡Dejadme la esperanza!”, que cuenta igualmente con la colaboración de la Fundación, y en el que se recogen las versiones de mas de cien solistas o grupos musicales, españoles y extranjeros, que han interpretado 95 poemas hernandianos.



La grabación, incluida en el sello “A guitarra limpia” de conciertos de la nueva trova cubana que produce el Centro Pablo, comienza con el poema de Hernández “Elegía segunda”, recitado por Roberto Fernández Retamar, Premio Nacional de Literatura de Cuba, y finaliza con la interpretación de Silvio Rodríguez del mismo poema. El fonograma presentado en Cuba contiene las versiones musicales de doce poemas hernandianos, a cargo de los jóvenes representantes de la trova Dúo Karma, Ariel Barreiros, Nelsón Valdés, Héctor Luis de Posada, Dúo Aire y Madera, Yoel Alejandro Matos, Lianny Otero, Gabriel Prieto, Sally Ramos, Dúo Janet y Quincoso, Benito de la Fuente e Ihosvany Bernal.



24/2/09

Rosalía21



23-02-2009 No aniversario do nacemento da nosa poeta máis senlleira, o espectáculo poético-musical "Rosalía 21", o libro que con este título publican Xerais e Cultura e as actividades da Fundación lembran a autora de “Follas novas”.

20/1/09

"I HAVE A DREAM" (1963)



And Martin Luther King said:

"I am happy to join with you today in what will go down in history as the greatest demonstration for freedom in the history of our nation.
Five score years ago, a great American, in whose symbolic shadow we stand today, signed the Emancipation Proclamation. This momentous decree came as a great beacon light of hope to millions of Negro slaves who had been seared in the flames of withering injustice. It came as a joyous daybreak to end the long night of their captivity.
But one hundred years later, the Negro still is not free. One hundred years later, the life of the Negro is still sadly crippled by the manacles of segregation and the chains of discrimination. One hundred years later, the Negro lives on a lonely island of poverty in the midst of a vast ocean of material prosperity. One hundred years later, the Negro is still languished in the corners of American society and finds himself an exile in his own land. And so we've come here today to dramatize a shameful condition.In a sense we've come to our nation's capital to cash a check... (more)"



8/1/09

A ONU declara 2009 Ano do Gorila



Os conflitos armados en África afectan tamén á supervivencia dos grandes primates como o gorila, especie ameazada que comparte case o 100% dos xenes cos humanos. Esta é unha das razóns que levou a ONU a declarar 2009 “Ano do Gorila”.

30/11/08

Curros no Kiosco Alfonso


Quen puidera connosco voar!
Máis que unha exposición, a mostra, é un Diálogo artístico con Curros no que 56 artistas coruñeses vinculan as súas obras aos versos do poeta de Celanova.
A exposición insugurouse o pasado 28 e estara no Kiosco hasta o día sete.

24/11/08

Cárcel de amor




San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole.
Que, zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remedio.

16/11/08

HOMENAXE A MADAM CURIE


Poñemos a funcionar, dentro das actividades de dinamización de biblioteca, unha nova proposta: cada mes, seleccionaremos un personaxe destacado no mundo das artes ou das ciencias, nacido ou falecido nesas datas. Unha vez elixida esa persoa, diseñaremos traballos que intenten difundir entre o alumnado contidos relacionados coa súa achega á humanidade.


Este mes conmemoramos a data da morte de Madam Curie (7 de novembro), que, como todos sabedes, foi unha eminente científica francesa, pioneira no estudo da radioactividade e dúas veces Premio Nobel, primeiro de Física e posteriormente de Química.


Querémosvos contar que, dentro das actividades destinadas a subliñar a importancia desta investigadora, teremos proximamente na Biblioteca Sarmiento, baixo o lema ¡Vive os Cómics¡, ¡Vive a Ciencia¡, unha pequena exposición sobre os superheroes de Marvel, pois non vos esquezades que, tras os poderes dos superheroes atopamos a posibilidade de coñecer algún principio científico relacionado coas súas capacidades sobrenaturais.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas