Deixámosvos aquí o vídeo do encontro con Paco Roca na nosa biblioteca
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta Novela gráfica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novela gráfica. Mostrar todas las entradas
20/2/14
12/2/14
Encontro con Paco Roca
"Considérome un deses privilexiados que conseguiu vivir do seu soño infantil. Dende pequeno quería traballar debuxando e na actualidade compaxino a ilustración co cómic"
El Faro (2004): Premio ao Mellor Guión Realista polo Diario de Avisos de Tenerife 2005.
Arrugas / Engurras (2007): Premio Nacional do Cómic 2008, Premio ao Mellor Guión de Autor Español e á Mellor Obra de Autor Español do 2007 no XXVI Saló Internacional de Cómic de Barcelona, Premio Gran Guinigi á Mellor Historia Longa do Festival de Lucca 2008 (Italia), Premio ao Mellor Álbum no Festival de Roma, Premios Dolmen da crítica 2008 ao Mellor Guión e á Mellor Obra, Premio Expocómic 2008 á Mellor Obra Española.
Fontes:
Páxina web de Paco Roca
Guía do cómic
Astiberri
El País
El Faro (2004): Premio ao Mellor Guión Realista polo Diario de Avisos de Tenerife 2005.
Arrugas / Engurras (2007): Premio Nacional do Cómic 2008, Premio ao Mellor Guión de Autor Español e á Mellor Obra de Autor Español do 2007 no XXVI Saló Internacional de Cómic de Barcelona, Premio Gran Guinigi á Mellor Historia Longa do Festival de Lucca 2008 (Italia), Premio ao Mellor Álbum no Festival de Roma, Premios Dolmen da crítica 2008 ao Mellor Guión e á Mellor Obra, Premio Expocómic 2008 á Mellor Obra Española.
El invierno del dibujante (2010): XXXI premio Diario de Avisos de Tenerife 2008 ao Mellor Guión de Historieta Realista, Mellor Obra Española do Salón do Cómic de Barcelona 2011 e Mellor Obra e Mellor Guión en Expocómic 2011, Premio ao Mejor Autor Extranxeiro no VIII Treviso Comic Book Festival 2011(Italia), Premio ao Mejor Guión Nacional e Mellor Obra Nacional en Expocómic 2011.
Paco Roca naceu no ano
1969 no barrio de Patraix da cidade de Valencia.
Tan amante dos tebeos de Bruguera o de Frank Miller como de Hergé ou Carlos
Giménez, Roca decidiu volcar a súa paixón polo debuxo na súa primeira etapa
colexial antes de estudar Belas Artes.
Nos años 90 debuxou cómic erótico en “Kiss Comix” e “El Víbora”, sendo o autor
de varias portadas de ámbalas dúas revistas. En “El Víbora” colaborou co guionista
Juan Miguel Aguilera para crear Road Cartoons (1998). Dous anos despois
publicaron o libro en branco e negro GOG (2000), primeiro álbum de Roca tras
os seus anteriores traballos de historias curtas. Máis tarde o autor valenciano publicou en solitario El juego lúgubre (2001), cómic inspirado polo pintor surrealista
Salvador Dalí que na súa orixe foi editado en branco e negro e
mais tarde coloreado, Hijos de La Alhambra (2003), con
influencias de Washington Irving e o protagonismo nun pintor
romántico francés na Granada do século XIX, e El faro (2005), álbum con ambientación costeira e intercambio de ideas
no contexto da Guerra Civil Española.
Arrugas / Engurras (2007), historias sobre o Alzheimer e a vellez, foi a
súa revelación internacional e unha obra que lle valeu o Premio
Nacional de Cómic 2008.
Outros títulos da súa bibliografía son Las calles de arena (2008), Senderos (2009), Emotional world tour (2009), El invierno del dibujante (2010),
crónica sobre os debuxantes de Bruguera nos anos 50, Memorias de un hombre en pijama (2011), volume que recompila tiras dominicais aparecidas no xornal “Las
Provincias” ou La Metamorfosis (2011), con ilustracións baseadas no texto do
autor checo Franz Kakfa.
O seu último cómic é Los surcos del azar (2013), libro sobre La Nueve, unha
compañía militar formada por republicanos españois que loitou en Francia contra os
nazis.
Paco Roca tamén traballou no cine coa adaptación de Engurras como película de animación clásica. Producida por Perro Verde Films e Cromosoma, dirixida por Ignacio Ferreras e na que Paco Roca exerceu de guionista e realizou o deseño de personaxes, a película obtivo dous Premios Goya, á Mellor Película de Animación e ao Mellor Guión Adaptado. Foi tamén preseleccionada para os Oscar á Mellor Película de Animación e obtivo cinco premios Mestre Mateo (Longametraxe de Animación, Guión, Dirección Artística, Son, Música Orixinal).
Para a televisión ten feito sketch e cabeceiras para algúns programas. Na radio colabora todas as semanas dende hai anos nun faladoiro radiofónico en Punto Radio Valencia. Dende 2013 Roca é, xunto co debuxante Max, un dos encargados da sección de cómic de El País Semanal.
Fontes:
Páxina web de Paco Roca
Guía do cómic
Astiberri
El País
29/1/11
Adictos a la guerra
Joel Andreas realiza en Adictos a la guerra, novela gráfica publicada por Astiberri, unha crítica feroz ao sistema americano: ¿Por qué EEUU está enganchado al militarismo? pon na portada. Buscando información sobre ela souben que este libro acadou tal éxito alí que algúns centros de ensino utilízano como libro complementario sobre Historia dos Estados Unidos.
E que aprendemos? O libro explica dun xeito ameno, pero ben argumentado, o por que da política militar da potencia americana. Maxinade cal é a solución.
Pero non pensedes que é un ensaio ao uso. O libro combina a caricatura, o debuxo, con fotos de guerra, cunha base argumental: un neno e unha nai que analizan o sistema de vida e educativo que están padecendo. Aínda que o personaxe central da novela gráfica é a morte. A morte de miles de soldados e de civís.
Pero hai solucións. Ao final, informarémonos de asociacións e grupos que loitan contra o sistema: “la educación es la clave. A cada uno de nosotros nos corresponde hacer nuestro Papel. Gente de todo el mundo cuenta con nosotros para acabar con nuestra adicción a la guerra”.
Imprescindible
1/12/10
Birdboy
Dirección: Pedro Rivero / Alberto Vázquez
Xénero: Animación, Drama
Duración: 12'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán
A pequena Dinki comeza unha nova xornada de camiño para a escola co seu querido pai mais un terrible accidente laboral vai trocar a vida dos habitantes da illa para sempre. Agora o destino dela podería estar nas mans do seu excéntrico amigo Birdboy, un rapaz introvertido que se agacha no monte abandonado ás súas fantasías.
Palmarés: Premio de animación do Festival de Foyle (Derry, Irlanda 2010). Gran Premio de Cine Vasco no Zinebi 2010. Premio ao mellor guión de curtametraxe vasca no Zinebi 2010. Seleccionado para os festivais de Sitges, Donosti, Anchorage (EEUU), Lucca (Italia), Rica (Francia) e para o Animated Dreams (Estonia).
Birdboy test animation from Postoma Studio on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas