Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día Escolar da Paz
Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Paz. Mostrar todas las entradas

1/2/11

A historia de Erika

"Nacín en 1944. Non sei a data exacta do meu nacemento. Non sei que nome me puxeron. Non sei en que cidade ou en que país vin ao mundo. Tampouco sei se tiven irmáns. O que sei con certeza, é que cando apenas tiña uns meses me salvei do Holocausto... "




A historia de Erika é de Ruth Vander Zee con ilustracións de Roberto Innocenti, publicado por Kalandraka. Un retrato diferente da Segunda Guerra Mundial contado pola propia protagonista que, acompañadas polas poderosas ilustracións, fan que se convirta nun libro totalmente imprescindible.


Para traballar co libro: Interpeques - Webquest holocausto

31/1/11

“First Ladies: mulleres en conflitos armados”


A ONGD Médicos sen Fronteiras inaugurou o 19 de xaneiro a exposición “First Ladies: mulleres en conflitos armados” no Centro Cultural da Obra Social Novacaixagalicia.

Como explican dende MSF, as mulleres son as primeiras que sofren cando o poder das armas desbarata unha sociedade. Pagan o precio da guerra e os enfrontamentos. Son extremadamente vulnerables e cando quedan embarazadas deben dar a luz nunhas circunstancias increíblemente atroces. Ademais, adoitan ser vítimas de violacións. Pora retratar esta realidade, renomeados fotógrafos visitaron os proxectos de MSF en áreas de conflito.

A exposición estará na Sala de Exposicións III ata o 20 de febreiro.

A entrada é gratuita e o horario é de luns a venres de 18 a 21 horas e sábados e domingos de 11 a 14 e de 18 a 21 horas.


29/1/11

Adictos a la guerra

 Joel Andreas realiza en Adictos a la guerra, novela gráfica publicada por Astiberri, unha crítica feroz ao sistema americano: ¿Por qué EEUU está enganchado al militarismo? pon na portada. Buscando información sobre ela souben que este libro acadou tal éxito alí que algúns centros de ensino utilízano como libro complementario sobre Historia dos Estados Unidos.

E que aprendemos? O libro explica dun xeito ameno, pero ben argumentado, o por que da política militar da potencia americana. Maxinade cal é a solución.

Pero non pensedes que é un ensaio ao uso. O libro combina a caricatura, o debuxo, con fotos de guerra, cunha base argumental: un neno e unha nai que analizan o sistema de vida e educativo que están padecendo. Aínda que o personaxe central da novela gráfica é a morte. A morte de miles de soldados e de civís.

Pero hai solucións. Ao final, informarémonos de asociacións e grupos que loitan contra o sistema: “la educación es la clave. A cada uno de nosotros nos corresponde hacer nuestro Papel. Gente de todo el mundo cuenta con nosotros para acabar con nuestra adicción a la guerra”.
Imprescindible

28/1/11

A guerra dos Números

Texto e ilustracións: Juan Darién


UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma.

Darién fai unha proposta iconográfica de marcada ambientación bélica a través dunha técnica de representación —colaxe dixital— de estrutura simple e formas primarias, multiplicadas baixo os efectos dun tratamento plástico-construtivo tan elemental como efectivo desde o punto de vista cromático.

Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos..., pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.


Para iso, faise uso dun expresivo xogo tipográfico reservado aos personaxes principais, o que reforza a comprensibilidade dunha proposta que tenta tamén achegar conceptos matemáticos a lectores pouco avanzados e que, en calquera caso, nos permitirá gozar dunha disciplina que se vai comprendendo a medida que se fai uso dela.


E todo nun envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.

A palabra PAZ en 83 idiomas

La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo.

Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño (Mahatma Gandhi)




Está á vosa disposición todo o material da exposición (e máis) neste enlace

27/1/11

ESCOLMA XORNADA ESCOLAR DA PAZ dende o IES San Paio

Emmanuel Jal: a música dun neno da guerra

Durante cinco anos, Emmanuel Jal loitou como neno soldado en Sudán. Rescatado por unha cooperante, converteuse nunha estrela de hip-hop internacional e nun activista a favor dos nenos en zonas de guerra. Con palabras e con letras de cancións, el conta a historia da súa asombrosa vida.



(Preme en View subtitles e selecciona idioma)

No seguinte documento dispoñedes da tradución de todo o contido do vídeo..

A guerra suave, golpeando e seducindo.

La guerra suave


O documental é unha análise do uso do cine e o espectáculo con obxectivos propagandísticos e políticos. Móstrase como o cine, a televisión, os videoxogos e mesmo as estrelas do rock son utilizados na loita política. Pero abrigo destácase como a través da industria cultural se xeran valores e antivalores. A clave para que a propaganda sexa efectiva é que non se perciba, que nos seduza. As nosas series e películas favoritas e os nosos mitos musicais traballan nesa guerra. Unha guerra luminosa, sorrinte e chea de ritmo. A guerra suave é a loita polas mentes e os corazóns dos iranianos. E tamén dos nosos.

XNada


Fundación Cultura de Paz
Historia baseada en feitos reais e inspirada no texto Matar por diversión" de Diego Bagnera para XL Semanal.
Nesta curtametraxe móstrase de xeito claro e directo, a través duns alumnos de instituto, os resultados dunha educación permisiva e superprotectora, que produce na xuventude tanto dano coma o autoritarismo.

Hilarri



Director: Manu Gómez
Un lugar no que unha guerra deixou as súas pegadas. Unha enfermeira visita diariamente a tumba daquela persoa que "coñeceu" durante a guerra nunha situación moi especial que supuxo encontrar o sentido á súa vida.

Nasija

NASIJA from guillermo on Vimeo.

Director: Guillermo Ríos Bordón

Foi o gañador do 22 Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín, Interfilme, na categoría de mellor película contra a violencia e a intolerancia.
A curtametraxe relata, a través da historia dunha moza africana, o maltrato físico e psicolóxico ao que é sometida a muller nalgunhas culturas desa parte do mundo.
Nasija xa obtivo o "Aceno" á mellor curtametraxe no II Festival El Ojo Cojo para a Integración Cultural que se celebrou en Madrid; o premio ao mellor cartel na V edición do Concurso Nacional de Carteis de Curtametraxe ComunicArte '06 e o segundo premio Alternatif no Festival de Curtametraxes de Pamplona.

O son da guerra

El Sonido de la Guerra from Alejandro Hernández on Vimeo.

Director: Alex Hernandez.

Desaprender a guerra

Desaprender la Guerra from Luis Guitarra on Vimeo.

Dirección: David de la Morena
Tema musical: Desaprender la guerra de Luis Guitarra

A Guerra

La Guerra. from JORGE DORADO on Vimeo.

Título: La Guerra
Director: Jorge Dorado
Data: 2007
Nominado ao Goya como mellor curtametraxe de ficción 2007. O curto logrou 60 premios en festivais nacionais e internacionais. Unha historia dura sobre a guerra e as súas consecuencias vista dende os ollos dun neno. A Guerra é puro risco narrativo e de posta en escena e aí é onde radica o seu encanto. Estupendo traballo cunha capacidade de síntese enorme, e que dá unha imaxe clara e directa do que un conflito armado significa para a poboación civil, e que pouco ou nada ten que ver coa fanfarra, os ouropeis e as marchas militares dos que comen cada día grazas ao sacrificio dos máis pobres e inocentes.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas