Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta Makinaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Makinaria. Mostrar todas las entradas
8/4/13
UNHA TARDE CHEA DE POESÍA...
Como xa deixamos constancia hai uns días, o pasado 18 de marzo tivemos a sorte de compartir a tarde co poeta Carlos Negro, autor de Makinaria, obra na que a través de dúas ducias escasas de poemas os lectores adolescentes percorremos a toda velocidade o perigoso camiño da noite do sábado, cheo de emocións... e tamén de perigos que nos poden levar, sen contalo ó GAME OVER, que pecha a obra. Velaquí unha mostra dunha tarde de poesía realmente entretida...
21/3/13
ENCONTRO CON CARLOS NEGRO: VERSOS A TODO GAS
O pasado luns, 18 de marzo, tivemos a gran sorte de recibir na nosa biblioteca o poeta Carlos Negro. Cos seus versos e co seu entusiasmo pola poesía levounos a todo gas polas corredoiras e canteiras de Makinaria, ese mundo creado por el onde a adrenalina, a velocidade, o ligue, a música...e o perigo e as bágoas, van sentados nos asientos dianteiros dese bólido que é a xuventude.
Grazas, Carlos, por facernos sentir tan preto o que a cotío sentimos tan lonxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas