Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Velo
Mostrando entradas con la etiqueta Velo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Velo. Mostrar todas las entradas

28/4/10

Coherencia???



O debate está servido. Podemos facer un anuncio contra o cancro de mama utilizando como símbolo o pano na cabeza das mulleres? Pode un rapaz, ou unha rapaza, levar gorra ao instituto e non unha nena un veo na cabeza? Pode unha monxa católica levar a cabeza tapada nun hospital, nun centro educativo -hainos rexidos por monxas-, nun centro estatal de calquera tipo, e non unha nena, sexa ou non musulmá? Pode o "profesor-cura" de relixión católica entrar na aula a dar a súa clase cun "alzacuellos"? Teño que agochar o crucifixo que levo colgando do pescozo cando entro no meu instituto? Hai uns anos as adolescentes españolas cubríronse a cabeza cunha peza de tea triangular, logo pasou de moda.

Spot Ausonia - pano I

Spot Ausonia - pano II


"Hiyab" de Xavi Sala

27/12/08

Mulleres coruñesas na feira


San Pablo tivo unha interpretación moi misóxina do veo xa que fai del o emblema da opresión das mulleres e enúnciao así na súa primeira epístola aos Corintios (11: 2-16) " O home non debe velarse, é a imaxe da gloria de Deus, pero a muller é a gloria do home .É por iso é que ,a muller ,debe cubrirse e poñer sobre a súa cabeza a marca da súa dependencia ".
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas