Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Animación á lectura
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

28/10/15

NOVO DISPOSITIVO



           Este dispositivo chámase libro 
             e ao usalo estarás lendo.
           Deste xeito a xente instala
         novas aplicacións nos seus cerebros.

14/4/13

Ler non é clandestino

E ti por que non les? Dende a Biblioteca do IES Chano Piñeiro, de Forcarei, recórdannos que ler non é clandestino.


23/4/12

Os ríos da vida

Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.

Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desespero de sentirse só entre ríos dexente; o nacemento dunha persoa, a morte doutra; os seres máxicos e os deuses terribles…

Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz

 
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas