Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Campañas
Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas

22/4/14

#EnGalegoLeo


Recomenda lecturas coa etiqueta #EnGalegoLeo en Youtube, Twitter ou subindo a túa foto a Instagram e únete así á campaña que con motivo do Día do Libro veñen de poñer en marcha a RTVG, a AELG  e GALIX. 

Todos os comentarios e recomendacións de lecturas en galego serán recollidas na páxina da RTVG. A que esperas para que o 23 de abril #EnGalegoLeo  sexa trending topic?

7/5/13

Gústanos ... o galego

Aproveitando a celebración da XX Semana Cultural, o ENL do noso instituto instalou un "photocall" polo que pasaron a posar invitad@s, alumn@s e profes. A iniciativa desenvolvida pola CTNL permitiunos reunir todas estas imaxes que deixamos recollidas nete vídeo. Gústavos?


3/10/10

BBBien

Luis Tosar participa nunha campaña de BBBien, unha iniciativa online pioneira no marco da responsabilidade social que nos permitirá seguir concienciando sobre un consumo responsable do alcohol, dándolle especial importancia a trasladar aos mozos (e no tan mozos) a incompatibilidade do alcohol e a condución.




Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas