Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Xosé Neira Vilas
Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xosé Neira Vilas. Mostrar todas las entradas

18/12/15

Xosé Neira Vilas




Deixamos testemuña visual do paso polo noso centro do autor dunha das obras de referencia das nosas letras: Memorias dun neno labrego. 

Ata sempre, mestre!



 A triste nova do pasamento de Xosé NeiraVilas fíxonos lembrar os gratos momentos compartidos no Ies de Curtis.
Deixamos testemuña visual do paso polo noso centro do autor dunha das obras de referencia das nosas letras: Memorias dun neno labrego. 
Ata sempre, mestre!

https://www.youtube.com/watch?v=2evTTBn4_1M#action=share

27/11/15

Xosé Neira Vilas










 A triste nova do pasamento de Xosé Neira Vilas fíxonos lembrar os gratos momentos que tivemos o privilexio de compartir  con el. Recuperamos a testemuña visual do paso polo noso centro do inesquecible autor de Memorias dun neno labrego. 

Ata sempre, mestre!



2/6/12

Esperando o leiteiro

 Con este suxestivo título evocador dun tempo pasado e do medio rural , chéganos a nova obra de  Xosé Neira Vilas que conta a historia dun  campesiño de dezanove anos que deixa a aldea  para embarcar  rumbo a Bos Aires. Perde o coche de liña porque a despedida da familia resultou máis longa do previsto, e, tras andar sete quilómetros a pé, atópase no Empalme, unha encrucillada de camiños, esperando o leiteiro para que o leve.
O protagonista, mentres agarda, recorda o seu pasado. Lémbrase da casa pobre na que naceu, das historias da súa avoa, das explicacións que o seu avó lle deu sobre todo o relacionado co mundo rural, da relación que tivo cos seus irmáns pequenos e os seus amigos, dos seus amoríos con Aurora, dos seus medos, das súas ilusións... Pero xa tomou a decisión de emigrar a Bos Aires e non pensa recuar, ten que loitar.
Agardamos  poder contar en breve na nosa biblioteca con esta obra de Xosé Neira Vilas. Entrementres, se queredes saber máis  sobre o autor de Memorias dun neno labrego e sobre a súa propia experiencia na emigración, podedes ler a entrevista publicada en  Galiciaé.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas