Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día das letras galegas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas

17/5/15

Presume de galego todo o ano

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística proponnos difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio. Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade. O día 17 mándallo a 17 persoas!

Podes compartilo nas redes e envialo por medio do correo electrónico ou descargalo para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina.


20/10/13

Érguese o pano!

Xosé Manuel Fernández Castro
Este luns 21, ás 16.20 h., vai estar connosco Xosé Manuel Fernández Castro, especialista na obra de Roberto Vidal Bolaño, para ofrecer ao alumnado de 3º da ESO unha conferencia-coloquio acerca da figura do autor teatral ao que se lle dedican as Letras Galegas deste ano.

15/5/13

In memoriam Roberto Vidal Bolaño


Mañá xoves, 16 de maio, no segundo recreo plantarase unha árbore en memoria do autor ao que se dedican as Letras 2013. A alumna Lara Ayerbe (4º ESO B)  e Noelia López Sánchez (2º ESO B) oficiarán o acto. Nesta homenaxe farase lectura do texto que Manuel Lourenzo escribiu e  leu no enterro  de Roberto Vidal Bolaño. Este é:


“Pagou a pena ter collido o carro do teatro, porque nel tamén ías ti, Roberto. Pagou a pena ter montado no carro da vida, porque nel tamén viaxabas ti. Jean-Paul, cando era novo, dixo: “A vida é unha paixón inútil” Resulta evidente que non te coñecía, Roberto. A túa paixón foi a túa vida. E esa paixón é hoxe a túa inmortalidade. Décheste aos demais, á túa tribo humana e galega con ardor, sen avaricia, mesmo ás veces con fecundo exceso. Entregácheste enteiro, sementaches coas túas propias mans, mereciches a terra e conquistaches unha gloria que ninguén che vai negar. Así é que non ficamos orfos. Estamos plenos de ti, orgullosos de portar a túa forza, bautizada no caldeiro da memoria, e de plantala no futuro, para que renaza flor e canto, e se preciso for para que haxa primavera, coio e lapa

Non choredes. Recollei a tea. Espallai o lume”.

 Ficas convidada -o

13/6/11

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO

UN ACHEGAMENTO COMIQUEIRO Á BIOGRAFÍA E Á OBRA DO POETA LOIS PEREIRO

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.
Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.

5/6/11

Letras 2012 para Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade



"O poeta, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898- Vigo 1987) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012, tal e como acordou este sábado o plenario da Real Academia Galega.

A elección fíxose entre máis de 20 nomes que saíron á palestra do plenario da máximo institución da lingua galega e que se prolongou durante máis de tres horas, segundo confirmou o secretario da academia, Xosé Luis Axeitos.

A polifacética vida de Paz Andrade, pola súa importancia no mundo do xornalismo, a literatura e ensaio e a súa "capacidade empresarial", pesou na valoración dos académicos para homenaxear o próximo ano a esta figura da que a RAG destaca "o seu compromiso co país".

Valentín Paz Andrade foi un dos impulsores do grupo Pescanova, e como xornalista colaborou en 'Faro de Vigo' ou en 'La Noche', antigo vespertino que editaba 'El Correo Gallego', nesta mesma casa"

GaliciaHoxe.com 

04.06.2011


10/5/11

Vento Lois

   
          TRANSMIGRACIÓN

Esta enerxía xa non vai ter fin
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
situadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.
Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida.

           Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade (1995)

8/5/11

VENTO LOIS


Poema a Ánxel Fole



E líquidos telúricos, a terra

que se soña a si mesma e se fai 

lenda.

O murmurio invernal

o vran no voo das vésporas ó sol 

e o lume coa viciosa liturxia do candil 

sombras letais 

na quente perspectiva das lareiras 

cerimonia das intrigas da infancia 

Algo para crer algo auto de fé.

Terra e máis terra brava brava 

mais maina e cruel 

violenta, visceral,

secreta, infame, inmemorial, 

amada, fole, a terra 

anxel, fole e a morte

a morte anxel a morte 

en ti 

the end.


                                            PEREIRO, Lois: Poemas 1981/1991. 
                                                                Compostela, Positivas, 2010 ( 2ª ed.)









.

4/5/11

Vento Lois


¿ QUE É GALICIA ?

Galicia... data
Run...

A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz.

B. Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Bordo do Bosque omnipresente.

C. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

E. Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e cara á Enfermidade, e sempre cara ao Eterno Extrañamento do Espírito.

F. Fogo de Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá...

G. Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemir das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa.

H. Historia: Herbicida o esquecemento. A Humidade, o "Horror vacui" e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo. Nosa Herdade adestrada na fuxida, coa sabedoría das feridas vellas, por nosas propias mans soamente vencidos.

I. Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

J. Son oriental. Rotundidade sureña.

K. Kilowatios por terra mergullada.

L. Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

M. Lega Mortos o Misterio da Música, pero o Miño vaise levando ese Misterio ao Mar.

N. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

Ñ. Nh/ gn/ ñ.

O. Oeste: "Galicia atende e obedece á chamada do Oeste" (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Esquecemento crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo apracible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa.

P. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.

Q. Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

R. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. As Risas xorden sempre onde Reina a calma, na quietud profunda de quen coñece o Risco e domínao. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, recoñécese o galego na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.

S. O Son da Soidade e o Silencio. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, o Sil a súa Sombra. Serenos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.

T. Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.

U. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

V. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por detrás: Verde.

W. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?.

X. 25 de Xullo.

Y. e

Z. Fin
Guión televisivo de Lois Pereiro emitido pola TVG (25-07-1998)

3/5/11

Vento Lois


(Pouco antes de morrer, Raymond Carver
escribiu o inicio dun poema:
“¿E conseguiches o que
querías desta vida?
Conseguino, si.
¿E que querías?
Considerarme amado, sentirme
amado na terra”

Eu tamén podería dicir o mesmo...)


                                    PEREIRO, Lois: Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995
                                  Santiago de Compostela, Positivas, 2010 (3ª edición)               

29/4/11

Oito por oito

Oito cancións para oito poemas

Hoxe lemos na web oficial do poeta do Incio: 
   
“Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandro González. O resultado é Oito cancións para oito poemas, un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas" 

 En resumo: Poesía de Lois Pereiro + música  =  oito por oito

30/7/10

LOIS PEREIRO en castelán


Galicia… data
Run…
a. Agua. Aire. La Amnesia del vencido, la Atracción del Abismo, el Árbol junto al Árbol, y la alegría del espacio circundante. El Alma es el Atlántico y es el Acantilado el cuerpo de su llamada Atroz.
b. Barroco: la Belleza usual hecha materia en piedra en el Borde del Bosque omnipresente.
c. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración y Culpa: una conciencia Céltica del Cosmos.
d. Difícil definir ese Dolor, Doblegar el Destino, conseguir que el Deseo nos siga siendo útil. (Diluvia) e. Espiral en el Espacio Esférico. Emigración: Estímulo de nuestro Exilio interior que nos lleva por el Este hacia Europa, por el mar hacia el Éxito y hacia la Enfermedad, y siempre hacia el eterno Extrañamiento del espíritu.
f. Fuego de hogar. Fantasía. Fábricas, Fiebre y Formas del Futuro, Figuras del pasado. El Fenómeno atmosférico de la Felicidad, y todas las Fiestas del mañana…
g. Gráficas del Granito, agua y silencio, donde transborda el alma de la Gulfstream. El gemir de las Gaitas, y en el carácter esa amable presencia de la Grasa.
h. Historia: Herbicida el olvido. La Humedad, el “Horror vacui” y la Humildad nos impiden convertir la Historia en Heroísmo. Nuestra Heredad adiestrada en la huída, con la sabiduría de las heridas viejas, por nuestras propias manos solamente vencidos.
i. Ironía: arte de convertir el Infierno en un cuento de Invierno.
j. Sonido oriental. Rotundidad sureña.
k. Kilowatios por tierra sumergida.
l. Luto: manchas en el paisaje, bolas negras sobre el tapete verde.
m. Lega muertos el Misterio de la Música, pero el Miño se va llevando ese Misterio al Mar.
n. Norte. Noche. Niebla. Negro: materia poética nacional.
ñ. Nh/ gn/ ñ.
o. Oeste: “Galicia atiende y obedece a la llamada del Oeste” (R. Otero Pedrayo). Tantos siglos de Ofensas y de Olvido crean anticuerpos en el Organismo de un pueblo, y esa continua Ofensa de la historia generará en el Orgullo de este pueblo apacible el destructivo Oxígeno del Odio, la Obsesión del fracaso y de la culpa.

p. Poesía. Patria. Pasión. Peligro de extinción, perdidos en nuestra propia Pureza, de la necesidad de ser un Pueblo. Nuestra indiferencia alimentará el Proceso de Autogenocidio que vivimos. Paisajes dispersos, alineados entre los Perfiles del Pasado, con la Presencia de una vegetal sensación de eternidad. Pasión y Poses “punk”, reflejos Postmodernos y altas horas en los diques urbanos de la noche.
q. Química del dolor Quintaesencia del miedo. ¿Ahí, pegado a mí, quién se ríe?
r. Río: el Rumor de la vida, la Religión de las aguas. Las Risas surgen siempre donde Reina la calma, en la quietud profunda de quien conoce el Riesgo y lo domina. Rural: corre sangre rural por estas venas; y si alguna vez la Razón opone Resistencia, se Reconoce el gallego en la tierra, en la lenta vitalidad del árbol, en la invencible resignación de la hierba.
s. El Sonido de la Soledad y el Silencio. El Salvaje Sarcasmo de los Sueños del presente, y la Silente atracción por el Suicidio: el Sil. El Miño es nuestra Sangre, el Sil su sombra. Serenos y Sombríos, finalmente trasciende la Sonrisa astuta.
t. Tierra. Y el Tiempo, y el Trastorno y sus Tinieblas. La Tradición de una
triste Ternura. La Tierra es el principio, y todo existe en ella y para ella.
u. Utopía: compaginar el deseo y la necesidad de nuestros sueños.
v. Vacas en Valles mojados, y la férrea Voluntad de los Viejos encadenados a la tierra, con el Vicio de su fatalismo escéptico. Verde. Verde y más Verde sobre otros Verdes, y por detrás: Verde.
w. Whisky: noche urbana. ¿Galicia es Wagneriana, o és más bien un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaje, soñando con Sibelius?.
x. 25 de Xullo*.
y. y
z. Fin

9/7/10

Edinburgh Edinburgh

¿Onde se deita a noite en Edinburgh?
¿á esquerda do castelo de carbón diamante
cun sol negro?

dura pedra escocesa que me garda
da hipnose contaxiosa das Highlands
empapando a alma en frío
cervexa calvinista whisky ateo
Cruel máxica dura
espectro dos meus soños agresivos
volverei por ser teu
na túa pel e na escuma do desexo
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas