Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Marcos Calveiro
Mostrando entradas con la etiqueta Marcos Calveiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marcos Calveiro. Mostrar todas las entradas

28/11/11

A cultura galega viaxa a México


Unha delegación de editores e escritores galegos atópase na cidade mexicana de Guadalaxara para participar na Feira Internacional do Libro, que comezou o pasado 26 de novembro e prolongarase ata o 4 de decembro. Agustín Fernández Paz, que o martes recibirá o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil; Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, son os autores que protagonizan as principais actividades, especialmente con público escolar.
Así, manterán diversos encontros con integrantes de clubs de lectura que "previamente estiveron traballando" coas súas obras, sinalou Rosa Aneiros, e con estudantes de distintas idades. O acto principal celebrarase o xoves 1 de decembro, cando Rosa Aneiros e Marcos Calveiro recibirán a un grupo de nenos e nenas indíxenas da Serra de Durango, na zona centro-occidental do país, lindante co estado de Jalisco.
Trátase de mozos tepehuanos do norte, unha das máis de 60 etnias existentes en México que, segundo destacou Rosa Aneiros, "reciben unha educación bilingüe" tanto en español como na lingua autóctona. "Será interesante explicarlles que hai outros lugares onde tamén se fala e estúdase nunha lingua propia", sinalou a autora, en alusión ao galego.
En canto a Agustín Fernández Paz, será entrevistado pola propia Rosa Aneiros nun encontro denominado 'O pracer da lectura', que se celebrará o mércores día 30. Ambos, xunto con Marcos Calveiro, participarán ao día seguinte nunha mesa redonda coa lema 'Voces de Galicia'.



 Fonte: laopiniónacoruña.es 28-11-2011

6/12/09

O Lazarillo para Calveiro

Marcos Calveiro acaba de resultar gañador do Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil coa súa novela O pintor do sombreiro de malvas. O Premio Lazarillo, que convoca a OEPLI, é o máis antigo dos galardóns de literatura infantil e xuvenil que se fallan no Estado, desde 1958, e, na súa nómina de premiados atesoura varios nomes de referencia das literaturas en galego, catalán, éuscaro e español.
A historia que relata Calveiro, segundo el mesmo comentaba onte no seu blog, "acontece na pequena vila francesa de Auvers, na ribeira do río Oise, durante sesenta e nove días do verán do ano de 1890 e está protagonizada polo rapaz do lenzo que acompaña ao pintor do sombreiro de malvas...". O libro publicarase na primavera do ano 2010

Calveiro verá, tamén, no vindeiro ano a edición doutra nova novela, titulada Settecento, que sairá do prelo na colección Literaria de Xerais. Calveiro, á súa vez, é gañador doutros importantes galardóns como o Ala Delta, co libro O carteiro de Karrada; Premio Nacional da Crítica, por Festina Lente -unha aclamada narración de tintes históricos- e Premio O Barco de Vapor, co seu libro O canto dos peixes
http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg/marcos-calveiro-gana-lazarillo-literatura-infantil-xuvenil/idNoticia-494106/

Texto descrptivo


Corenta e oito son as fiestras do silencio, estartelados ollos de enferruxadas celosías que esculcan con saudade un mundo prohibido de voces e acenos
Foto: Esme L. Castro

19/4/09

Edición de 2009 dos galardóns da Crítica


En narrativa en lingua galega a Marcos Calveiro, por Festina Lente. O autor é coñecido no país polas súas obras infantís. O carteiro de Karrada foi galardoada co XVIII Premio Ala Delta . A este público vai dirixido tamen Rinocerontes e quimeras, así como Sari, soñador de mares.
Tamen foi ganador do premio O Barco 2008 con a novela O canto dos peixes.
En Festina Lente, pásase á novela histórica dende unha perspectiva crítica. O autor sitúa a acción en Santiago de Compostela de 1627 e conta as vida do encadernador Ambrosio Cavaleiro, personaxe que lle sirve para facer unha refleción sobre a literatura nos tempos escuros do Medievo.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas