Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Castelao
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas

7/1/10



"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos,que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación,se perde na espesura de unha froresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humus da terra-nai, da terra da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes,que son os seres innominados que ninguén recorda xa,e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes , i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a tódalas cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito,co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteista. Elas son as que gardan e custodian , no seo da terra nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xermes incorruptibeis, da nosa futura historia,as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o povo, que nunca nos traicionou, a enerxía colectiva, que nunca perece, i, en fín, a esperanza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre."
Alba de Gloria

60 anos sen Castelao













Hoxe cúmprense 60 anos da morte de Daniel Castelao. Cando nunha soa persoa se reúnen tantas cualidades e talentos, é difícil destacar unha faceta por riba de outra, porque todas elas responden a unha mesma pulsión, que no caso de Castelao non era outra que o seu inmenso amor polo país e polos oprimidos. Nesa dirección conflúen o artista, o intelectual, o orador, o escritor, o político e, por riba de todo, o home do pobo que Castelao sempre foi.


25/7/09

Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.

Miñas donas e meus señores:SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.

19/7/09

SEMANA BRANCA



Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.
LANCE PRIMEIRO

Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. 0 pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen da risa os de “patio de butacas”.
E cando se fartan de ri-los señoritos, baixará o pano.

http://www.kaosenlared.net/noticia/todas-todos-vos-loita-do-sector-leiteiro-segue-adiante
http://www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-denuncia-extorsom-das-grandes-superficies-da-

http://www.kaosenlared.net/noticia/labregos-labregas-retenhem-um-camiom-recolha-leite-na-marinha

SEMANA BRANCA











LANCE SEGUNDO

Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan 0 pranto i enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, gas mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é Para tanto.
E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas