Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Casa Museo Emilia Pardo Bazán
Mostrando entradas con la etiqueta Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Mostrar todas las entradas

21/12/12

DE VISITA NA CASA DE DONA EMILIA

    

      O alumnado de 4º de ESO visitou onte a casa de Emilia Pardo Bazán en A Coruña. A directora do Museo, Xulia Santiso, levounos, co seu bo saber facer,  á época da escritora: conseguiu que tivésemos a sensación de ter á creadora dos Pazos de Ulloa entre nós, quentándose á beira  da cheminea do seu salón, lendo a prensa da época ou escribindo calquera dos seus marabillosos contos no despacho. 





Grazas, Xulia, por ese agradable paseo por Marineda.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas