Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Arnaldur Indridason
Mostrando entradas con la etiqueta Arnaldur Indridason. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arnaldur Indridason. Mostrar todas las entradas

25/3/10

LA MUJER DE VERDE


A segunda obra do escritor islandés Arnaldur Indridason, publicada en España por RBA Libros, Serie Negra, gañadora do Premio Golden Dagger en 2005.
Durante unha festa infantil, un estudante de mediciña descobre en mans dunha nena un anaco de costela humana que o irmán maior da pequena atopara nun burato escavado no solar dun edificio en construción no Barrio do Milenio, un deses barrios novos que, como consecuencia do crecemento urbanístico que experimentou a cidade, han ir xurdindo ao redor de Reikiavik. O óso forma parte dun esqueleto que segundo os expertos podía levar enterrado desde finais da II Guerra Mundial, uns 70 anos antes, cando, na ladeira do outeiro de Grafarholt, os únicos edificios existentes eran os barracóns do campamento que durante a guerra ocuparon primeiro os ingleses e máis tarde os norteamericanos -onde agora hai un campo de golf-, e as vellas residencias de veraneo dos habitantes da cidade, nunha das cales, a medio construír, viviron por un tempo o asasino de almas, a muller sen nome e o seu tres fillos, illados para que ninguén puidese ouvir os berros dela pedindo auxilio cando el arremetía violentamente na súa contra.
Aínda que o prioritario sexa recuperar os ósos para descubrir a quen pertencen e a causa da morte, para o inspector Erlendur Sveinsson, amante dos libros lidos en soidade sobre persoas desaparecidas en Islandia, divorciado dunha muller que lle odia e pai dun fillo que lle ignora e dunha filla drogadicta e embarazada que lle incordia para comprender por que lles abandonou cando eran nenos, non hai présa por desenterrar uns ósos que levan tanto tempo ocultos, de maneira que escolle un método lento pero sistemático: a arqueoloxía. E mentres os arqueólogos van escavando, extraendo capa a capa a terra que os cobre, os ósos van deixando aflorar segredos que levan escondidos tanto tempo como eles mesmos; segredos que se revolven nas súas respectivas tumbas, atormentan aos seus gardiáns e vólvense tan persistentes como os groselleros que alguén plantou hábilmente ao sur da casa e xunto aos que, testemuñas xa mudas, adoitaban ver a unha estraña muller de verde.

6/6/09

NOVELA NEGRA NÓRDICA I



Una de las novelas negras más premiadas y elogiadas de los últimos cinco años en Europa y Estados Unidos. Su autor, el islandés Arnaldur Indridason, se consagró con ella como uno de los grandes nombres de la literatura policíaca, un referente imprescindible de la vitalidad de la prestigiosa narrativa negra escandinava y, por supuesto, europea. Todo un acontecimiento que devuelve al lector a la esencia misma, clásica donde las hayas, del género negro y criminal.
Unos obreros de la construcción en Reykjavik descubren una tumba mientras trabajan. Años antes, esa parte de la ciudad era todo colinas, y Erlendur y su equipo esperan que sea un caso típico de desaparición; quizá alguien una vez se perdió en la nieve y ha permanecido enterrado durante décadas. Pero las cosas nunca son tan sencillas. Mientras Erlendur atraviesa problemas familiares, su caso desentierra muchos otros relatos de dolor familiar.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas