Blog da Biblioteca do IES de Curtis: María Reimóndez
Mostrando entradas con la etiqueta María Reimóndez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Reimóndez. Mostrar todas las entradas

17/9/09

O club da calceta


O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios.

3/9/09

Pirata

Dixo Miguel Cereceda: "Uno no puede ver que no puede ver lo que no puede ver". Pero ¿podemos acceder a otra forma de mirar? ¿Existe la manera de que encontremos algo diferente, verdadero, genuino, liberador? Las artes y la literatura nos brindan, acaso, vías de conocimiento. Lemos en Pirata " -Nin ti mesmo dabas crédito cando cho dixo Jack. Non sei, supoño que a ninguén se lle ocurreo pensar que unha muller podería vivir así, facer as cousas que eu fago. Por iso non me descubriron"

2/9/09


María Reimóndez, autora de O club da calceta e Pirata, participará mañá xoves, 3 de setembro, nas veladas literarias organizadas baixo a denominación «Os xoves da rúa Tabernas». No acto, que comezará ás 17:00 horas nas instalacións da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, as actrices Elina Luaces e Laura Ponte interpretarán monólogos d´O club da calceta adaptados por Teatro do Morcego.

17/8/09

A persoaxe femenina na literatura

- Agarda! Estás ferido!- hai sangue na perneira de Read.
- Non. Non te preocupes, será doutro- acontece a miúdo. O sangue mistúrase sin dono pola roupa toda. E as feridas deitan o seu canda as hai






http://pirata.blogaliza.org/2009/06/17/as-minas-mans/#comments

1/8/09

VERMELLO


O sangue. Vermello. A ira. Vermello. Corpos desmembrados. O sangue que o meu corpo deita. Vermella a luz. Candís. Lume. Vermello. Estoura o ceo. Vermello




28/7/09

Praia do Orzán

AZUL

Azul. Palabras. Auga. Mar. Azul. Mesta. Bruma. Azul. Palabras. Escachan. Soben. Baixan. Ceo. Aberto. Azul. Non entendo. Auga quente. Escachan. Escachan. Escacho.

Pirata; Reimóndez. María,

9/7/09

Dous de María Reimóndez para o verán


Pirata
Reimóndez define Pirata «como un libro de viaxes interiores», baixo a aparencia dunha novela de aventuras, ambientada no século XVIII e tecida sobre protagonistas reais, o que se propón aos lectores é unha novela de rebeldes, unha reflexión sobre a identidade .
As personaxes principais "son mulleres ocultadas, no século XVIII non era raro atopar mulleres no exército, en barcos...". Dúas das personaxes de Pirata, Mark Read e Anne Bonney, están baseados en persoas que existiron na realidade, cuxas peripecias están recollidas nun libro de 1724 co que María se atopou realizando unha traducción: A historia xeral dos roubos e asasinatos dos piratas máis infames.
Pirata
non é un libro para nenos.A autora estrutura súa novela en tres partes: "O azul do mar, o vermello do sangue, o negro das bandeiras piratas. Na primeira parte hai máis introspección, na segunda máis acción. O de aventuras é un xénero tipicamente masculino, entón hai un xogo cos libros de aventuras, pero para contar algo totalmente diferente.
No libro tamen atopamos crítica ao poder , travestismo, reflexión sobre os roles de xénero, unha analise de como a dicotomía social home-muller marca a identidade.

O club da Calceta

Si ainda non a leiches, agora é o momento.
Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, desde as súas diferenzas, conseguen atopar na unión a forza necesaria para sobreporse a un presente que as nega ou menospreza.
Unha lectura entretida , ás veces, ata hilarante. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
Hai película para ver un avance preme aquí
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas