
Escohotado subtitula a obra Historia de las ideas sobre la propiedad privada, é un libro, doado de ler. Non é a súa primeira incursión na economía Xa antes Caos y Orden fora premiado co premio Espasa de ensayo.
En Los enemigos del comercio, Escohotado fai un estudo da aparición da sociedade de consumo ,un feito moi recente, precedido por dous milenios de modelos sociais hostís a ela. Con todo, o seu éxito foi tan completo que unhas poucas décadas bastaron para borrar non só moitas institucións, senón ata o recordo das súas alternativas morais e prácticas. Esquecéunos, por exemplo, que o fundador do cristianismo empezou e terminou a súa vida pública expulsando a mercadores, e ata que desde mediados do século XIX a finais do XX non houbo cuestión moral e política comparable ao comunismo. ¿Quere isto dicir que pasamos páxina definitivamente? Antonio Escohotado suscita a pregunta sen dogmatismo, repasando con lupa de entomólogo as situacións e os argumentos opostos ao tipo de mundo no que acabamos de instalarnos. Tras localizar o complexo que precipitou a idea do comercio como un mal infeccioso, pasa a describir o súa evolución desde a civilización grecorromana ata o día de hoxe. Esta análise supón compartir co lector unha longa peripecia, onde algo que axuda a entender as nosas orixes ten tamén a cor insuperable do real. Los enemigos del comercio ofrece a primeira historia completa do comunismo, que ao ir contextualizando as súas etapas expón a evolución paralela do individualismo e o pensamento liberal.
A obra está editada en Austral pero podemos lela directmente aquí
A obra está editada en Austral pero podemos lela directmente aquí