Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Lecturas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas. Mostrar todas las entradas

17/11/11

Redelibros, a rede social galega do libro

Redelibros.com é unha plataforma cultural centrada no mundo do libro. Reúne a escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores. É, ante todo, unha rede social de literatura, un espazo común onde compartir experiencias, inquietudes, lecturas e intereses, un espazo en Internet que agrupa blogs persoais e profesionais, grupos de opinión, páxinas web de librerías, editoriais e autores, axenda de eventos, álbums persoais, etc. Unha rede de literatura na que atopar lectores que comparten os nosos gustos, buscar información sobre as nosas próximas lecturas, apuntar ou comentar o que lemos, recomendar libros, crear as nosas bibliotecas virtuais e estar ao día de canto acontece no mundo do libro, xa sexan lanzamentos editoriais, charlas de escritores, premios, etc.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas