Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Biodiversidade
Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas las entradas

10/1/10

2010: Ano Internacional da Diversidade Biolóxica

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica co fin de atraer máis a atención internacional ao problema da perda continua da biodiversidade. Proponse aproveitar esta oportunidade para:

. Destacar a importancia da biodiversidade na vida humana.
. Reflexionar sobre os nosos logros na conservación da biodiversidade.
. Alentar a redobrar os nosos esforzos para reducir significativamente o ritmo de perda de biodiversidade.


Facer fronte á diversidade biolóxica require a participación universal. A comunidade mundial, a través de actividades organizadas a nivel mundial, debe unir os seus esforzos para un futuro sostible para todos nós.



    "La escritura de los animales"





    "Exposición FONOMAD"

    Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



    Deseño logo: shouvas