Páxinas
Jacinto Benavente
30/11/15
Eu son...
11/11/12
Literatura e Automóbil
6/10/11
Thomas Tranströmmer - Premio Nobel de Literatura 2011
Tranströmer gañou os premios Bonnier de Poesía, o Premio Internacional Neustadt de Literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía.
En 1990, Tranströmer sufriu unha hemiplexía que afectou á súa capacidade no fala pero que non lle impediu seguir escribindo. Dezaseis anos antes de que isto sucedese, o poeta previu o que ía ocorrer nun dos seus poemas máis sobrecolledores, Bálticos.
13/9/11
Parabéns, Agustín!
1/2/11
1Q84 de Haruki Murakami en galego
25/11/10
I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero
16/10/10
Premio Planeta 2010
Web Premios Planeta de Novela
12/10/10
Todo é silencio - Manuel Rivas
Co libro de Rivas, Xerais bate unha marca histórica ao convertérense os 12.000 exemplares de saída na tirada inicial máis alta da historia da editorial.
Asasinato no Consello Nacional - Diego Ameixeiras
14/7/10
VII Certame de narración curta do Concello de Curtis
1. Convócase o VII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "CURTIS MON AMOUR", este ano con temática amorosa.
2. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
3. Os texto deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame e deberán ter unha extensión comprendida entre 3000 e 5000 caracteres (espazos incluidos).
4. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: curtismonamour@concellodecurtis.org. Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do dni, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
5. A data límite de entrega é o 31/10/2010.
6. Establécense catro categorías:
A. persoas que teñan entre 12 ós 18 anos, de calquera lugar de Galicia ou fóra de Galicia.
B. persoas de 19 anos en diante de calquera lugar de Galicia ou fóra de Galicia.
C. persoas que teñan entre 12 e 18 anos empadroadas no Concello de Curtis.
D. persoas de 19 anos en diante empadroadas no Concello de Curtis.
e un premio económico para cada categoría:
A. 150 euros
B. 250 euros
C. 150 euros
D. 250 euros
7. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os presentados non acadan un mínimo de calidade. Así mesmo, tamén poderán outorgarse segundos premios.
8. Os traballos que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.
9. O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, lingua e as letras.
10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
11. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: curtismonamour@concellodecurtis.org.
15/6/10
A Cronica de Marta Dacosta
Os galegos somos coma os salmóns. Se queremos buscar as nosas augas puras e primixenias e seguirmos sendo coma nós mesmos, se queremos sobrevivir, sermos fieis á nosa identidade, temos que deixar o ancho mar do castelán e impulsarnos contra corrente, polos cursos estreitos e doces, río arriba, polos nosos ríos galegos, con perigo de topeñar nalgún penedo, ou de sermos comidos por algún oso no camiño.
Así comezaba o discurso de ingreso na Academia Galega de Bernardino Graña. As veciñas e os veciños de Cangas, e todas e todos os que desexamos acompañar a Bernardino neste momento trascendental para todos e todas nós, puxémonos en pé para mostrarlle ao poeta o orgullo de sentírmonos representadas e representados a través dos seus versos na institución que un día crearon os nosos antecesores.
Non era sen tempo. Era de xustiza. Bernardino ocupa a cadeira que lle corresponde e canda el entraron todo o sal do mar, as maragotas, os arroaces, o gato da tasca mariñeira, as chalanas da ría de Vigo e as mulleres contadoras de historias.
Bernardino falounos dos contos, da importancia da literatura oral que “é realmente un produto popular, creado polas mulleres de Galicia (tamén polos homes)...” e a través da comprobación do carácter internacional desa literatura que sobreviviu ao longo dos séculos salvando con ela á lingua e ao propio pobo, levounos até o Conto gallego de Rosalía, para afirmar rotundamente, contradicindo a Carballo Calero, que o Conto Gallego si é un conto feminista, digno de Rosalía.
Parabéns querido e admirado Bernardino Graña.
No seu blog
14/6/10
Traduciendo a Pablo Gonz

CAMBIAR EL MUNDO
Un joven idealista llamado Aiñil se sentó en un peñón que hay en la playa de Los Enamorados y estuvo allí tres días enteros, sin comer y sin beber, hasta que comprendió o inventó o recordó que era impotente para cambiar todo el mundo pero perfectamente capaz de cambiar parte de él. «Según la filosofía –se dijo– al cambiar una parte, el todo cambia; y, según la práctica, las cosas se hacen poco a poco». Y saltó del peñón. Y el mundo cambió al recibir su hermosa huella.
PABLO GONZ
Pablo nos pidió una traducción del relato . Le enviamos esta.
Y la versión en gallego, debida a Loli Carril de Curtis (Coruña):
CAMBIAR O MUNDO
Un mozo idealista chamado Aiñil sentou nun penedo que hai na praia dos Namorados e estivo alí tres días enteiros, sen comer e sen beber, ata que comprendeu ou inventou ou lembrou que era impotente para cambiar todo o mundo pero perfectamente capaz de cambiar parte del. «Segundo a filosofía –díxose– ao cambiar unha parte, o todo cambia; e, segundo a práctica, as cousas fanse aos poucos». E saltou do penedo. E o mundo cambiou ao recibir a súa fermosa pegada.
El relato fue publicado en su blog con este cariñoso comentario “Este microrrelato migró a la Biblioteca Sarmiento del IES de Curtis (Coruña) donde espera su traducción al gallego. Primera traducción del autor a otro idioma. Un cariño saludo a Loli, Begoña y María.
PABLO GONZ”
A esta traducción añadió la de Anna Pou de Llavorsí al catalán, que es ésta .
CANVIAR EL MÓN
Un jove idealista anomenar Aiñil s’assegué sobre una penyal que hi ha a la platja dels Enamorats i s’estigué allí tres dies sencers, sense menjar ni beure, fins que va comprendre o inventar o recordar que era impotent per canviar tot el món però perfectament capaç per canviar una part d’aquest. “Segons la filosofia –es va dir– al canviar una part, el tot canvia; i, segons la pràctica, les coses es fan poc a poc”. Va saltar del penyal. I el món canvià al rebre la seva bonica petjada.
Un hermoso paseo por tres lenguas hermanas. Pasearos por los textos y observar como la sonoridad de cada uno de ellos le aporta matices diferentes a la historia.
El Blog de Pablo Gonz aquí
12/6/10

Coa lectura do discurso ingresará hoxe no plenario da Real Academia Galega o poeta de Cangas. En nome da Academia responderalle o tamén académico Ramón Lorenzo Vázquez. Graña debullará o significado de certas narracións de fasquía popular que lle serviron como insipiración na súa obra literaria, así como o vínculo que esa poesía popular presenta coa obra rosaliana.
(aelg.org)
10/6/10
Voz feminina

Literatura con voz feminina: ¿unha escritura de rebelión no panorama do século XXI? é o título da conferencia que esta tarde ofrecerán as escritoras Fina Casalderrey, An Alfaya e Rosa Aneiros no Macuf da Coruña. Esta charla enmárcase no ciclo literario Maestr@s do papel, co que se pretende achegar o pensamento dos autores galegos e españois actuais aos seus lectores. 20.00 horas. Entrada libre.