Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Premios
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

29/11/17

PREMIOS LITERARIOS 2017

Esta semana na biblioteca do noso centro fixemos unha exposición dalgunhas das obras dos autores e autoras ós que lles foron concedidos os premios máis significativos ó longo do ano. Entre eles destacamos a:
  • Marilar Aleixandre
  • Antón García Teijeiro
  • Rosa Montero
  • Manuel Lourenzo González
  • Santiago Lopo
  • Ledicia Costas 
 É marabilloso poder gozar da literatura! Agardamos incorporar en breve ós nosos andeis algunhas das obras premiadas.
Parabéns a todos e todas!

7/2/12

Recoñecemento para os servizos e os equipos de normalización lingüística por parte dos/as escritores/as

A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) acordou concederlle o seu premio anual de institucións aos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino

 Na súa asemblea anual, que tivo lugar o pasado 4 de febreiro, a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), decidiu outorgarlle o Premio AELG para institucións aos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino, galardón que se entregará na Cea das Letras que terá lugar o 5 de maio.

Segundo sinalan desde fontes da AELG, concédenlle este premio aos SNL e mais aos ENDL, "como xusto e merecido recoñecemento a un sector social e profesional que leva décadas a traballar arreo polo avance en materia de normalización lingüística, ás veces visíbel e outras moitas silente". Deste xeito, a asociación que representa os escritores e as escritoras en galego "apoia o seu labor comprometido para coa lingua de noso, sempre necesario e agora máis xustificado que nunca neste presente incerto, e anima para a súa continuidade como garante imprescindíbel dun futuro que o noso país merece e precisa".

Vía CTNL.org

29/11/11

José Luís Sampedro - Premio Nacional das Letras

O intelectual de esquerdas, novelista, economista e humanista José Luís Sampedro (Barcelona, 1917) gañou hoxe o Premio Nacional das Letras por ser "un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX", destacou o Ministerio de Cultura ao informar do premio, o máis prestixioso tras o Cervantes.

Catedrático de Estrutura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos na área económica cunha recoñecida produción literaria.

Viviu en Tánxer ata os trece anos, e participou na Guerra Civil en ambos os bandos. Foi funcionario de Aduanas en Melilla, e marchou a Madrid, licenciándose en Ciencias Económicas, traballando a continuación no servizo de estudos do Banco Exterior de España. En 1955 obtivo a cátedra de Estrutura Económica na Universidade Complutense de Madrid, da que pediría a excedencia en 1969 por razóns políticas. Foi profesor visitante en universidades do Reino Unido e á súa volta a España, foi asesor económico na Subdirección Xeral de Aduanas e profesor na Escola Diplomática, o Instituto de Estudos Fiscais e a Universidade Autónoma de Barcelona. Volveu ao Banco Exterior, onde chegou a ser Subdirector Xeral e acabou a súa carreira profesional de novo na Subdirección Xeral de Aduanas. Desde 1990, é membro da Real Academia Española da Lingua.

Sampedro é autor de obras económicas como Principios prácticos de localización industrial (1957), Realidad económica y análisis estructural (1959) ou Las fuerzas de nuestro tiempo (1967). A concepción humanista do profesor Sampedro "alenta tamén o máis destacado da súa produción literaria", sinala Cultura, que destaca entre as súas obras algunhas consideradas "claves" da narrativa española de fin de século, como Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real Sitio (1993), El amante lesbiano (2000), Escribir es vivir (2003), La senda del drago (2006), e La ciencia y la vida (2008).

José Luís Sampedro é un referente no movemento 15-M. Foi prologuista do libro de Hessel Indignádevos, na súa edición en castelán, considerado entre os numerosos cidadáns que integran o movemento como un libro imprescindible para entender todo o que está pasando, case coma se fose un libro de cabeceira de lectura obrigatoria. Á sombra do libro de Hessel, é coautor do libro Reacciona, xunto con Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza ou Ignacio Escolar.

 "A miña reacción inmediata é sumarme ao que isto representa". "Non é verdade que sexan unha xeración perdida, por isto agora estades onde estades. Estades amargados, desconcertados, fai uns meses non estabades, pero agora estades presentes".

Fonte: público.es, lecturalia.com

6/10/11

Thomas Tranströmmer - Premio Nobel de Literatura 2011

Tomas Tranströmer (Estocolmo, 1931). Escritor, poeta e tradutor sueco. Desde moi novo alternou o seu traballo de psicólogo coa escritura de poesía. Desde a publicación do seu primeiro libro, 17 dikter (17 poemas) en 1954, aclamado pola crítica, a súa produción creceu sen présa e sen pausa, á vez que a súa obra foi sendo traducida a distintas linguas; na actualidade os seus poemas poden lerse en máis de corenta idiomas. Xunto a Swedenborg e Strindberg, é un dos escritores suecos que máis influíu na poesía universal.

Tranströmer gañou os premios Bonnier de Poesía, o Premio Internacional Neustadt de Literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía.
A academia sueca outorgoulle o galardón polo seu estilo sustentado no valor da palabra e na súa capacidade por crear unhas imaxes impactantes próximas ao surrealismo.

Fillo dun xornalista -que o abandonou cando tiña tres anos- e dunha mestra de escola, Tranströmer gañouse a vida como psicólogo en centros penais mentres elaboraba unha obra poética sen présa.

En 1990, Tranströmer sufriu unha hemiplexía que afectou á súa capacidade no fala pero que non lle impediu seguir escribindo. Dezaseis anos antes de que isto sucedese, o poeta previu o que ía ocorrer nun dos seus poemas máis sobrecolledores, Bálticos.

"Entón chega o derrame cerebral: parálise no lado dereito
con afasia , só comprende frases curtas,
di palabras inadecuadas.
Así non alcanzan nin o ascenso nin a condena.
Pero a música permanece, segue compondo no seu propio estilo".



«Os poemas de Tranströmer permítennos acceder ao máis profundo dunha imaxinación desbordante, admirable... Estes poemas móstrannos a un dos mellores escritores das últimas cinco décadas.»
The New York Estafes Book Review

«Hai poetas que nos fan máis intelixentes, máis espertos, que nos volven sutís ou sentimentais ou contraditorios. Tranströmer colócanos no mundo, niso que chamamos realidade e que se diferencia do realismo en que a realidade carece de sentido. Pero nos fai sentir fascinación por existir nel».
Carlos Pardo

El cielo a medio hacer

13/9/11

Parabéns, Agustín!





A literatura galega vístese de gala, xa que Agustín Fernández Paz vén de ser galardoado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil na cidade de Guadalajara (Méjico).
O premio, dotado con 30.000 dólares (uns 22.000 euros), recoñece a traxectoria de autores de recoñecido prestixio. Convócao anualmente o Instituto SM para a Educación xunto coas institucións que conforman a Asociación do Premio: Centro Rexional para o Fomento do Libro en América Latina e o Caribe (CERLALC), International Board on Books for Young People (IBBY), Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI), e a Oficina Rexional de Educación para América Latina e o Caribe da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO/OREALC).
Agustín, que sempre escribe en galego porque segundo ten manifestado en distintas ocasión esta é a súa lingua habitual e literaria, é premio nacional de literatura infantil e xuvenil en España (2008) pola súa obra O único que queda é o amor. El non concorda con aqueles que pensan que escribir nunha lingua minorizada pecha portas, e este galardón vén darlle unha vez máis a razón.
Grazas, Agustín, por volvernos facer sentir universais dende a nosa lingua e a nosa cultura.





2/6/11

LEONARD COHEN - Premio Príncipe de Asturias das Letras

É a voz rouca da poesía. O xudeu de Montreal que primeiro colleu o lapis e despois a guitarra. É o home que atrapou a tres xeracións de seguidores cos seus susurros atormentados, que fixo unha obra na que a poesía transcende os estilos, pero que quedou esquinada pola súa proxección musical (...)



25/11/10

Por fin; Ana María Matute, Premio Cervantes.

Pasados cien años, un príncipe de un pueblo vecino, se enteró de la profecía que allí había y muy valientemente fue en busca de la princesa. En cuanto la besó, ella se despertó y se supone que se casaron y fueron felices para siempre.

Hasta aquí es lo que nos han contado a todos. Pero ,en ese momento no se casaron. El príncipe tenía por padres al rey y a la reina. Su madre, la reina, era de familia de ogros y el príncipe sabía que no le iba a hacer mucha gracia su historia, por lo que decidió mantenerla en secreto. Incluso tuvo dos hijos con la princesa sin que ellos se enteraran, Aurora y Día.

Un día el padre del príncipe falleció, por lo que él pasaba a ser el rey y fue entonces cuando decidió contar a su madre la historia que tenía con la futura reina. Ella se fue con él y se casaron y vivieron allí, hasta que un día el ya rey tuvo que marchar a luchar en una guerra, dejando a su madre como encargada del reinado.

Fue en este momento cuando a la reina le salió la vena ogresa que llevaba dentro y un día le dijo a su mayordomo que quería comerse al pequeño Día, con una buena salsa,… El mayordomo no se atrevió a matarlo y lo que hizo fue llevar al niño a la habitación que él compartía con su mujer para que lo cuidara, y en su lugar, le cocinó un cabritillo. La reina se lo comió como si hubiera sido el niño,…

Otro día le encargó lo mismo con Aurora, volviendo a repetir el mayordomo la misma operación, y otro día a la princesa,…La reina estaba muy contenta pensando que se os había comido a los tres.

Hasta que un día, dando un paseo por pasillos del palacio, escuchó jugar a Día y Aurora, al igual que escuchó a la madre de las criaturas. Se enojó muchísimo y mandó poner una gran olla llena sapos, culebras, serpientes y víboras en el patio para poder echar allí vivos a la madre, los dos hijos, el mayordomo y su mujer. Allí estaban ya los verdugos preparados para lanzarlos a su fin cuando apareció el príncipe de la guerra, al que no esperaban tan pronto. Tal rabia le dió a la ogresa que fue ella misma la que se lanzó de cabeza dentro de la cuba, hasta que allí la devoraron los bichos,…

Este es el verdadero final de este cuento.
 

Ana Mª Matute - Premio Cervantes 2010

A escritora catalá Ana María Matute (Barcelona, 1925) foi galardoada co Premio Cervantes 2010.

Na actualidade é membro da Real Academia Española, onde ocupa o asento K. Ten, entre outros moitos, o Premio Planeta, o Nadal, o Nacional de Literatura e o Nacional das Letras Españolas. Profesora invitada nas universidades de Oklahoma, Indiana e Virxinia, é, ademais, unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como a mellor novelista da posguerra española.

"Ondina del Fondo del Lago habitaba desde hacía cuatrocientos treinta años en el más bello lugar del Lago de las Desapariciones. Ondina era de una belleza extraordinaria: suavísimos cabellos color alga que le llegaban hasta la cintura, ojos largos y cambiantes como la luz, que iban del más suave oro al verde oscuro, y p...iel blanco-azulada. Sus brazos ondeaban lentamente entre las profundas raíces de las plantas, y sus piernas se movían como las aletas de una carpa. Una sonrisa fija y brillante, que iba del nacarado de la concha al rosa líquido del amanecer, flotaba entre sus labios. Cualquier humano hubiera sentido una gran fascinación al contemplarla en todos sus pormenores - e excepción hecha de las orejas, que, como todas las de su especie eran largas y puntiagudas en extremo, aunque de un tierno color, entre sonrosado y oro". (Olvidado rey Gudú, 1996)

21/11/10

Asterios Polyp, o mellor cómic do ano


Cada certo tempo xorde unha obra revolucionaria que confirma a categoría do cómic como novena arte. É o caso de Asterios Polyp (Sin Sentido) de David Mazzucchelli, gañadora de tres premios Eisner (Mellor Obra, Autor e Rotulación) e tres Harvey (Mellor Número Único, Mellor Álbum Gráfico Orixinal e Rotulación). 
Asterios Polyp é froito do traballo de 10 anos dun dos grandes do cómic americano, que saltou á fama grazas ás súas colaboracións con Frank Miller en Batman: Ano Un e Daredevil: Born Again e que, en pleno éxito decidiu dar un xiro total á súa carreira e ao seu estilo para embarcarse en proxectos máis persoais, como a adaptación de Cidade de cristal de Paul Auster.


Asterios Polyp
é unha historia apaixonante dun home en busca do amor, a cordura, e as boas proporcións arquitectónicas. O protagonista é un home de mediana idade cunha carreira pouco satisfactoria como arquitecto e profesor, a vida do cal cambia completamente cando o seu apartamento de Nueva York se incendia, a partir de aí lánzase a unha viaxe cun propósito que descoñecemos e durante a que a súa vida se desvela ante os nosos ollos a través de numerosos flashbacks. En definitiva unha sátira sobre o amor, os mitos gregos e a arte moderna.

17/11/10

Agustín Fernández Paz rexeita o Premio das Letras da Cultura Galega

Os Premios dá Cultura Galega da Xunta 2010 distinguiron á Editorial Galaxia (Promoción Cultural de Galicia), ao escritor Agustín Fernández Paz (Letras), á pintora Menchu Lamas (Artes Plásticas), ao dramaturgo Eduardo Alonso (Artes Escénicas), á Fundación Barrié (Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural), a Vaca Films (Creación Audiovisual) e á Orquestra Sinfónica (Música).

O escritor Agustín Fernández Paz foi galardoado co premio Cultura Galega das Letras en recoñecemento á súa traxectoria vinculada á literatura galega. Este, mediante un comunicado, ven de rexeitar o premio "por coherencia". Acóllese aos motivos do comunicado de Prolingua do 8 de outubro no que, baixo o lema "Rosalía de Castro nunca aceptaría este premio'", se fai un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ''Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato'', se di no documento.

16/10/10

Premio Planeta 2010

Riña de gatos, unha novela de intriga e reflexión, de Eduardo Mendoza, adxudicouse o Premio Planeta 2010.

O autor, que se presentaba baixo o pseudónimo de Ricardo Medina, asina un relato que se traslada á primavera de 1936. Un mozo inglés que é experto en pintura española antiga viaxa a España para taxar un posible Velázquez descoñecido, pero en Madrid xa se anuncia o que será a Guerra Civil...

"É unha novela de intriga e non quero desvelar moitas cousas", dixo. "Pero hai aventuras, misterio e reflexión sobre un momento histórico como é a preguerra civil". Segundo Mendoza trátase dun libro que "formula dilemas morais" ao lector que ten que posicionarse" "en varios aspectos". Unha narración na que interveñen personaxes reais e de ficción.

Web Premios Planeta de Novela

7/10/10

Premio Nobel de Literatura.


O novo Nobel.

Precursor como Borges, Rulfo, Onetti e Carpentier, sen a amizade de Gabriel García Márquez e Mario Vargas Llosa non falaríamos de Boom Hispanoamericano. Un fenómeno literario nas letras en español cuxo brillo non se coñecía desde o primeiro Século de Ouro.

26/9/10

Premio Nacional de Ilustración 2010


A ilustradora Ana Juan (Valencia 1961) foi galardoada polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Ilustración 2010.

As súas ilustracións que van desde as creacións fantásticas ata o Naif, foron publicadas en medios impresos como as revistas estadounidenses Time ou The NewYorker.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, Ana Juan é ilustradora, escritora e pintora, e colaborou en revistas como Madriz, O Víbora, Metal Hurlant, Marie-Claire, e diarios como O Mundo e O País. A artista expuxo ademais a súa obra en cidades como Xenebra, Madrid, Sevilla, Nova York, Valencia e Barcelona.

23/7/10

Premio Abrente

Manuel Lourenzo, ven de acadar con Aquelas cousas do verán o Premio Abrente de Textos Teatrais, que convoca o Concello de Ribadavia xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística coincidindo coa celebración da Mostra Internacional de Teatro da capital do Ribeiro.
O xurado do galardón, resaltou a madureza da obra "tanto na linguaxe coma na escrita e que require dun tratamento escénico moi sutil, en concordancia coa propia sutileza dos componentes do texto".
Trátase dun texto, engaden, "que bota man para a súa composición de moi dosificadas pinceladas simbólicas pero que trata con profundidade e moi interesante e transversalmente a actualidade. É unha peza profunda que fala das relacións entre as persoas cun impecable dominio da tensión dramática".

21/7/10

Súas obras mostran mensaxes reais en un trasfondo onírico.

Ganadora do Premio de Novela por Entregas de La Voz; Vidas cruzadas unha historia que se alimenta de varias tramas persoais, un matrimonio en crise, un accidente de tráfico que marca un punto de inflexión a varias vidas e, de fondo, un relato sobre a soidade e a incomunicación nos nosos días, un virus silencioso pero moi estendido. .
Un novo galardón para María Ánxeles Anfaya,O ano pasado gañou o Premio de Novela Curta Lueiro Rei con Area Quente, libro co que tamén foi recoñecida este ano polos alumnos galegos co Premio San Clemente. Hai un lustro foi merecedora do Premio Lazarillo de literatura infantil co texto A ollada de Elsa.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas