Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Miguelanxo Prado
Mostrando entradas con la etiqueta Miguelanxo Prado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miguelanxo Prado. Mostrar todas las entradas

6/11/13

Premio Nacional de Cómic para Ardalén


 
O debuxante coruñés Miguelanxo Prado foi o gañador do Premio Nacional de Cómic coa súa obra Ardalén.  O  libro, editado no ano 2012,  xa obtivera o Premio no Salón do Cómic de Barcelona, nova da que demos conta neste blog no pasado mes de abril.
Miguelanxo Prado ten unha longa traxectoria no campo da banda deseñada. Entre as súas obras destacan   Trazo de xiz (1993) ou  A mansión dos Pampín (2005).  Tamén foi o deseñador do personaxe do Xabarín Club e o director da longametraxe De profundis (2007).

 A  obra premiada, Ardalén, é un percorrido polas lembranzas do autor, pero tamén unha mestura de realidade e soño. Para o xurado foi especialmente relevante o seu "carácter poético" e a súa "mestría técnica" na  utilización das cores.
 
Máis información sobre o autor e as súas obras na súa páxina web
 
 

16/4/13



Ardalén, o último traballo de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecido como mellor obra estatal no Salón do Cómic de Barcelona. O autor xa obtivera este galardón en dúas ocasións anteriores con Trazo de xiz e A mansión dos Pampín.












Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas