Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Magosto
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

16/11/12

HOXE É O NOSO MAGOSTO

      Chegou o día: ao longo das últimas horas da mañán, a comunidade educativa do noso IES poderá disfrutar do xa tradicional Magosto no patio cuberto do centro.
 
  Moita actividade por todos os lados: cabazas decoradas polos rapaces, cogumelos de diferente tipo, postres feitos con castañas, colares de zonchos... E por se alguén quere algo máis, contamos tamén cunha exposición sobre os peóns (xa sabedes aquelo de... Polo San Martiño, peóns ao camiño), facilitada por Brinquedia.

10/11/11

O MAGOSTO


Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a noite de San Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo.
A palabra magosto designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión. Vocabulario derivado son magostar, co significado de asar castañas nun souto para comelas en grupo; e magosteiro, cada un dos participantes nesta comida.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.O magosto celebrábase nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa.
Historiadores como Manuel Murguía relacionaban esta festa cos defuntos considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. Xosé Ramón Mariño Ferro, recoñecido antropólogo galego, tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que  apareza nos ritos funerarios.
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa . Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco a pouco: críase que as ánimas viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.

28/10/10

MAÑÁN VENRES, 29: MAGOSTO


É tempo de outono: vai un pouco máis de fresco, empezan a medrar  cogumelos, no chan empezanse a mesturar cores verdes e ocres dun xeito ben fermoso... e as castañas están xa en tempo de comida. Por iso, e atendendo á chamada do costume, mañán venres, no tramo final da xornada, farase o magosto no patio cuberto de centro. Para ambientar a festa, a corticeira da entrada deste espazo acolle fotografías sobre o tema e ¡deliciosas! receitas que teñen a castaña como ingrediente básico. Tomemos nota.

21/11/08

Oda a una castaña en el suelo


Del follaje erizado caíste completa de madera pulida,de lúcida caoba,lista como un violín que acaba de nacer en la altura,y cae terminado en secreto entre pájaros y hojas,escuela de la forma,linaje de leña y de la harina,instrumento ovalado que guarda en su estructura delicia intacta y rosa comestible.En lo alto abandonaste el erizado erizo que, entreabrió sus espinas en la luz del castaño,por esa partidura viste el mundo,pájaros llenos de sílabas,rocío con estrellas,y abajo cabezas de muchachos y muchachas,hierbas que tiemblan sin reposo,humo que sube y sube.Te decidiste,castaña,y saltaste a la tierra,bruñida y preparada,endurecida y suave como un pequeño seno de las islas de América. Caíste golpeandoel suelo pero nada pasó,la hierba siguió temblando, el viejo castaño susurró como las bocas de toda una arboleda,cayó una hoja del otoño rojo,firme siguieron trabajandolas horas en la tierra.Porque eres sólo una semilla,castaño, otoño, tierra,agua, altura, silencio prepararon el germen,la harinosa espesura,los párpados maternos que abrirán, enterrados,de nuevo hacia la alturala magnitud sencillade un follaje,la oscura trama húmeda de unas nuevas raíces,las antiguas y nuevas dimensiones de otro castaño en la tierra.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas