Blog da Biblioteca do IES de Curtis: entrevista
Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas

28/2/16

Tamara e Alicia entrevistan a Riveiro Coello

E aínda non virades a dúas xornalistas magníficas: Tamara Cao e Alicia Seoane entrevistando a Riveiro Coello!
O momento actual da literatura galega, a dobraxe do audiovisual, a subvención aos medios, e a escrita en galego son algúns dos temas abordados.

 

19/5/15

Marina, Lorena e Paula entrevistan a Patricia Vázquez

Magnífica a intervención de Patricia Vázquez na Semana Cultural. O salón de actos, ateigado como nunca, escachou en risas durante hora e media cunha Patricia próxima, ocorrente, culta e de sólidos principios.

A lectura, o esforzo, o gusto pola cultura e a necesidade de formación e máis formación foron máximas recorrentes ao longo da mañá.

Aínda quitou tempo para contestar a entrevista que lle fixeron Marina Budiño, Lorena Caramés e Paula Pintor. A subida do IVE, a censura na CRTVG e a crise  do teatro son algúns dos temas abordados na conversa. 


A nosa gratitude. 

24/4/13

Entrevista a Carlos Negro na XX Semana Cultural

Entrevista realizada por Silvia Mourín e Noelia Fontecoba, alumnas do Club de Lectura "Fendetestas", ao escritor Carlos Negro durante a XX Semana Cultural do IES de Curtis.


 

5/4/13

X.M. Beiras - Entrevista

Alberto Rivadulla e Daniel Lata Valiño, alumnos de 1º de bacharelato, entrevistaron durante a Semana Cultural a X. M. Beiras. A conversa foi prolongada e o convidado respondeu a un bo número de preguntas. Velaquí un fragmento no que dá a súa opinión sobre a situación do galego nas cidades, a fusión dos concellos e a maioría absoluta obtida polo Partido Popular nas eleccións.


30/9/11

"Non hai nada máis contaxioso que o optimismo". Entrevista a Francisco Castro















Pódese ler  aquí o primeiro capítulo de Chamádeme Simbad .
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas