Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Curtametraxe
Mostrando entradas con la etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas las entradas

7/11/11

Chicken a la carte - Ferdinand Dimadura

"Un neno que morre de fame,
morre asasinado"
JEAN ZIEGLER


Curtametraxe de Fernand Dimadura (premiado no festival de cine Green Unplugged de Alemaña no ano 2006) sobre o fame e a pobreza provocada pola globalización, mostrando unha parte esquecida da sociedade: a xente que vive no lixo doutros homes para sobrevivir. Un bo documento para mostrar o que hai detrás dunha sociedade despiadada e consumista.


18/5/11

Mouseland: terra de ratos

Mouseland, unha fábula política contada en primeiro lugar por Clarence Gills e difundida por Tommy Douglas, prominente activista e político, elixido en 2004 como "O canadense máis grande de todos os tempos". Recoñecido como pai do paso do sistema de saúde canadense ao modelo de Asistencia Sanitaria Universal.


9/2/11

A Semana das Curtas

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo organiza o ciclo de curtametraxes galegas "A Semana das Curtas" entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo. Está dirixido a todos os centros escolares, sobre todo de Ensino Secundario, que poderán descargar as curtas para proxectar nas súas instalacións.

Os centros interesados en participar desta actividade deben enviar un correo ao enderezo correo@coordinadoraendl.org no que se inclúan os seguintes datos, necesarios para facilitarvos as claves de descarga na semana do 21 de febreiro:
- Nome do centro,
- Departamentos/docentes implicados,
- Niveis educativos nos que se vai desenvolver a actividade,
- Nº de alumnos/as implicados/as,
- Profesor/a de contacto (tamén correo),
- Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).

Binta e a grande idea


Director: Javier Fesser

Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance, no sur de Senegal, e vai ao colexio. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador, que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.



Da película "En el Mundo a cada rato", na que cinco directores mostran a súa visión sobre distintas realidades que afectan á infancia e polas que UNICEF traballa en todo o mundo. Rodada en tres localidades ao sur de Senegal en 2004, Binta e a grande idea mostra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nenos e nenas en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. O 22 de xaneiro de 2007 foi nomeado ao Oscar á Mellor curtametraxe.

Vía Vimeo

1/2/11

Acrópolis

Recreación en tres dimensións da Acrópole de Atenas, feita polo laboratorio de Multimedia, Animación e Realidade virtual do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. (Ano 2001)



27/1/11

XNada


Fundación Cultura de Paz
Historia baseada en feitos reais e inspirada no texto Matar por diversión" de Diego Bagnera para XL Semanal.
Nesta curtametraxe móstrase de xeito claro e directo, a través duns alumnos de instituto, os resultados dunha educación permisiva e superprotectora, que produce na xuventude tanto dano coma o autoritarismo.

Hilarri



Director: Manu Gómez
Un lugar no que unha guerra deixou as súas pegadas. Unha enfermeira visita diariamente a tumba daquela persoa que "coñeceu" durante a guerra nunha situación moi especial que supuxo encontrar o sentido á súa vida.

Nasija

NASIJA from guillermo on Vimeo.

Director: Guillermo Ríos Bordón

Foi o gañador do 22 Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín, Interfilme, na categoría de mellor película contra a violencia e a intolerancia.
A curtametraxe relata, a través da historia dunha moza africana, o maltrato físico e psicolóxico ao que é sometida a muller nalgunhas culturas desa parte do mundo.
Nasija xa obtivo o "Aceno" á mellor curtametraxe no II Festival El Ojo Cojo para a Integración Cultural que se celebrou en Madrid; o premio ao mellor cartel na V edición do Concurso Nacional de Carteis de Curtametraxe ComunicArte '06 e o segundo premio Alternatif no Festival de Curtametraxes de Pamplona.

O son da guerra

El Sonido de la Guerra from Alejandro Hernández on Vimeo.

Director: Alex Hernandez.

Desaprender a guerra

Desaprender la Guerra from Luis Guitarra on Vimeo.

Dirección: David de la Morena
Tema musical: Desaprender la guerra de Luis Guitarra

A Guerra

La Guerra. from JORGE DORADO on Vimeo.

Título: La Guerra
Director: Jorge Dorado
Data: 2007
Nominado ao Goya como mellor curtametraxe de ficción 2007. O curto logrou 60 premios en festivais nacionais e internacionais. Unha historia dura sobre a guerra e as súas consecuencias vista dende os ollos dun neno. A Guerra é puro risco narrativo e de posta en escena e aí é onde radica o seu encanto. Estupendo traballo cunha capacidade de síntese enorme, e que dá unha imaxe clara e directa do que un conflito armado significa para a poboación civil, e que pouco ou nada ten que ver coa fanfarra, os ouropeis e as marchas militares dos que comen cada día grazas ao sacrificio dos máis pobres e inocentes.

1/12/10

Birdboy

Curta baseada na novela gráfica Psiconautas de Alberto Vázquez.



Titulo orixinal: Birdboy
Dirección: Pedro Rivero / Alberto Vázquez
Xénero: Animación, Drama
Duración: 12'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán

A pequena Dinki comeza unha nova xornada de camiño para a escola co seu querido pai mais un terrible accidente laboral vai trocar a vida dos habitantes da illa para sempre. Agora o destino dela podería estar nas mans do seu excéntrico amigo Birdboy, un rapaz introvertido que se agacha no monte abandonado ás súas fantasías.

Palmarés: Premio de animación do Festival de Foyle (Derry, Irlanda 2010). Gran Premio de Cine Vasco no Zinebi 2010. Premio ao mellor guión de curtametraxe vasca no Zinebi 2010. Seleccionado para os festivais de Sitges, Donosti, Anchorage (EEUU), Lucca (Italia), Rica (Francia) e para o Animated Dreams (Estonia).




Birdboy test animation from Postoma Studio on Vimeo.

2/7/10

God on Our Side

Impresionante curta de Uri Kranot e Michal Pfeffer inspirada no Guernica de Picasso que amosa o conflito e a ocupación israelí. (vía Trafegando ronseis)


28/4/10

Coherencia???



O debate está servido. Podemos facer un anuncio contra o cancro de mama utilizando como símbolo o pano na cabeza das mulleres? Pode un rapaz, ou unha rapaza, levar gorra ao instituto e non unha nena un veo na cabeza? Pode unha monxa católica levar a cabeza tapada nun hospital, nun centro educativo -hainos rexidos por monxas-, nun centro estatal de calquera tipo, e non unha nena, sexa ou non musulmá? Pode o "profesor-cura" de relixión católica entrar na aula a dar a súa clase cun "alzacuellos"? Teño que agochar o crucifixo que levo colgando do pescozo cando entro no meu instituto? Hai uns anos as adolescentes españolas cubríronse a cabeza cunha peza de tea triangular, logo pasou de moda.

Spot Ausonia - pano I

Spot Ausonia - pano II


"Hiyab" de Xavi Sala

16/4/10

Prazas de Compostela

Recreación en 3-D das principais prazas de Compostela. Fermosísimo... (preme sobre a imaxe)


Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas