Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Idade Media
Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas

9/3/09

Lenda; As lavandeiras do Sil

Hai unha lenda que fala das profundas e misteriosas augas do río Sil, na Ribeira Sacra, provincia de OURENSE, como un lugar de intrigantes covas e pasadizos, amores imposibles e seres mitolóxicos que moran as súas profundidades.Conta a lenda que a filla dun poderoso nobre de Quiroga gustaba de percorre-los montes dos arredores vestida con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida entre as xentes humildes.
Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo e lanzal, que viña de cazar un corzo coa súa besta. A doncela, cuxa fermosura era, segundo se conta a "dunha fada", deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga, mentres que o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas. Así e todo, a beleza de ámbolos dous mozos fixo que se namoraran nese mesmo instante o un do outro, acordando manter novos e apaixonados encontros. Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Sil e ó facérense frecuentes chegaron a coñecemento do poderoso pai da rapaza. Don Pedro de Quiroga, que así era como se chamaba este nobre, consideraba ós de Castro Caldelas os seus adversarios e indignos de pretenderen a súa filla, polo que lle prohibiu a esta que volvera a ver o mozo cazador. Así e todo, os namorados atoparon axiña o xeito se veren, pois había un pasadizo que comunicaba o castelo de Quiroga cun túnel que pasaba por baixo do Sil e ía ata o castelo de Castro Caldelas. Sen embargo, o pai da doncela decatouse axiña do que acontecía e considerándoo unha ultraxe decidiu impor un castigo a ámbolos dous mozos. Así pois, unha vez que os amantes penetraran dentro do pasadizo para correr un ós brazos do outro, o pai da doncela mandou ós seus homes pechar ámbalas dúas entradas do túnel cun gran número de rochas para que estas dificilmente puidesen ser outra vez abertas. Deste xeito, ficaron, baixo das augas do Sil, os novos amantes para sempre...Deles tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, eses seres mitolóxicos que a crenza sitúa nas augas profundas deste río, e das que se cre lavan e pulen as pepitas de ouro que o Sil deposita no seu leito.


Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada: "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez



17/12/08

El amor cortés


Fue necesario que una reina apasionada por el tema del amor y por la poesía prestara oído a los fabulistas bretones que recorrían sus estados continentales e insulares para que se desatara un proceso único en la historia literaria: la invasión de un viejo mito y su rejuvenecimiento a través de poetas cuyo genio se revela en el grandioso fresco que nos ha dejado. Tristán, Isolda, Arturo, Ginebra, Lancelot, Gauvin, Merlín, Yvain, Laudine, Luned, Viviane y Morgana

La mujer en La Edad Media

Gracias a esta mujer asistimos a un cambio espectacular en la valoración de la figura femenina. Si bien hasta ese momento la mujer era vista como un mero objeto o posesión de su marido, sin ninguna comisión que no sea la de trabajos insignificantes, así como la tentación que acarreaba desgracia al hombre pasaría a convertirse en el ideal del hombre, en aquella a la que van dirigidos todos los cantos y alabanzas y objeto de todos los actos nobles de caballeros. Introduce, por tanto, el tema del amor cortés o caballeresco en el que una dama podía convertirse en el objeto de devoción de un caballero, algo impensable hasta ese momento. Además, su influencia llegara más allá, pues ella misma servirá de modelo para otros personajes femeninos históricos.

Leonor de Aquitania



Leonor de Aquitania una mujer culta, valiente e inteligente que no se doblegaba ante nada. , musa de trovadores, ( no olvidemos que al ser nieta de Guillermo IX de Aquitania, célebre trovador de la época, ha sido educada en un ambiente de corte refinado ),señora de caballeros, reina inconformista es uno de los personajes femeninos más interesantes de todas las épocas, pues, al papel excepcional que jugó en la historia se une el que fuera la musa de los trovadores franceses y bardos bretones así como la impulsora del ciclo literario artúrico y griálico.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas