Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Amantes do HIP-HOP

18/11/09

Amantes do HIP-HOP


O venres ,na Coruña ,AID, a raíña do hip hop galego ,vai mesturar estilos e influencias na súa coctelera persoal para dar renda solta á súa "paixón".
Precoz e talentosa, conta que con 12 anos xa rimaba e en 2008 arrasou no festival Heineken de Valencia. Foi a rapera máis nova en adxudicarse o trofeo por diante de 1.300 aspirantes e agora exhibe a súa arte na Rede a través de MySpace. Confesa que admira a Rosalía e que o seu poema A xustiza pola man inspirouna máis dunha vez. Tamén recorre a outros poetas como Antonio Machado e Bécquer que contra todo prognóstico resultou ser un romántico "moi moderno" na súa opinión. Di que canta en galego porque lle salgue de dentro" e porque é un idioma melódico de rima fácil. Traduce o flow -estilo e ritmo de cada rapero- por xeito e asegura que, aínda que tamén canta en castelán "non ten máis vantaxes" que o galego. En ambas as linguas bota en falta o ritmo rápido do inglés. "Está guay que as cousas divertidas fáganse en galego. Música, Sin Chan e series. É a mellor forma de chegar á xente, mellor que impolo.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas