Blog da Biblioteca do IES de Curtis: HOXE VIAXAMOS DESDE CURTIS...ATA EXIPTO: CONTÁMOSCHO.

13/11/09

HOXE VIAXAMOS DESDE CURTIS...ATA EXIPTO: CONTÁMOSCHO.




Dentro do Proxecto Interdisciplinar no noso IES desenvolvemos un traballo con relatos curtos pertencentes a diferentes culturas e países: partindo dun conto, acometemos as tarefas de lectura, interpretación, resumo e investigación sobre aspectos tales como a xeografía do lugar da narración, aspectos históricos, indumentaria típica, lingua, relixión, moeda, gastronomía, música... Desde outubro vimos traballando cun conto de LAS MIL Y UNA NOCHES que leva por título Las babuchas fatídicas e que aparece ambientado en El Cairo.


Hoxe proxectamos falar da gastronomía exipcia e pareceunos útil mesturar a labor expositiva de profesoras e alumnado coa degustación de pratos representativos da cociña exipcia: dentro da biblioteca, indiscutible centro de educación documental, falamos nesta mañán de venres das berenxenas, do arroz, dos dátiles, da carne de ovella, das lentellas e garbanzos, do cuscús... e de moitas especias comoa a pementa, o azafrán, a tahína, e perexil, o comino, o cilantro, a alholva, a alcaravea ... E poidemos tamén degustar eses sabores tan peculiares.


Cómpre sinalar que contamos, nesta sesión gastronómica, coa presenza dun alumno do centro de orixe marroquí, ao que agradecemos as súas aportacións ao tema: alí poidemos escoitar como preparan o cuscús, con 7 verduras ( ¡nada menos!) e carne de ovella.


A música de fondo que puxemos serviunos non só para ambientar a actividade, senón tamén para contarlles, xa ao remate, que Exipto non só garda, para nós, os europeos, grandes secretos culinarios, senón tamén musicais: ¿ ou acaso todo o mundo sabe o que é unha DARBUKA? Xa vos contaremos, outro día, o que investigamos sobre o tema.

2 comentarios:

curtisbiblio dijo...

mui boa e alimenticia a experiencia

Teresa Meixide Portos dijo...

Parabéns polo voso traballo! Mesturar mundos: eis o camiño para o coñecemento e o recoñecemento.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas