Blog da Biblioteca do IES de Curtis: prexuízos e estereotipos

14/11/09

prexuízos e estereotipos

Tirado de: O besbello saltón, revista do IES Alexandre Bóveda, Coia, Vigo, 1992.
A solución destes dous enigmas non é atopada con facilidade. Estudios
recentes amosan que só un de cada oito homes e unha de cada seis mulleres
son capaces de contestar correctamente. Aquí, o xogo «vexo vexo...
ti que ves», vírase en «VEXO VEXO... QUE NON VES». Neste caso o que
non vemos é que Laxe é unha muller e que a voz que se oíu no hospital
era a voz da nai.
¿Por que pensas que hai dificultades para acertar a solución?
¿Se cadra hai cousas que non vemos?
A dificultade para resolver estes enigmas amosa o ocultamento que se fai
da muller na linguaxe, o pensamento masculinizado, ver o home detrás de
case todas as profesións. Descubrir que Laxe é unha muller ou que un fillo
ten dous proxenitores, nai e pai, queda obstaculizado polos prexuízos
e os estereotipos sobre as mulleres.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas