Blog da Biblioteca do IES de Curtis

7/1/10



"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos,que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación,se perde na espesura de unha froresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humus da terra-nai, da terra da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes,que son os seres innominados que ninguén recorda xa,e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes , i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a tódalas cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito,co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteista. Elas son as que gardan e custodian , no seo da terra nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xermes incorruptibeis, da nosa futura historia,as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o povo, que nunca nos traicionou, a enerxía colectiva, que nunca perece, i, en fín, a esperanza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre."
Alba de Gloria

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas