Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
28/1/10
Escribir serve para ver todo dunha maneira diferente
Relato dun estalido unha novela que retrata unha xeración de mozos que viven na cabeceira dunha comarca rural onde se mestura o mundo máis tradicional co máis globalizado. O bruar das vacas pódese escoitar nun agro a escasos metros do centro é a mesma vez a música, os medios de comunicación son os de calquera urbe...
Pablo García Martínez (Arzúa, 1985), último gañador do Premio Biblos para autores menores de 25 anos. Este xoves en Compostela (ás 20 horas na libraría Couceiro) e o sábado en Arzúa (na capela da Madanela, ás 12.30) sobe á palestra para defender a súa primeira novela: 'Relato dun estalido xordo'.A crónica dunha xeración criada nunha de tantas vilas do país que están ben lonxe de ser cidades. Lugares onde Son Goku ou Chayanne comparten espazo con verbenas, coches de 165 cabalos e explotacións gandeiras. Eis o retrato dun tempo de grandes cambios e dunha xeración que os vive de primeira man, sufrindo os dramas e gozando dos praceres que existen dende que o mundo é mundo.
Sorprende o final vertixinoso e tinguido dun certo realismo máxico pero ao longo de todo o libro hai, pese a momentos moi duros, un grande espazo para un humor fresco e ben logrado...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario