Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Perfume de hielo

7/2/10

Perfume de hielo


Yoko Ogawa é unha das escritoras xaponesas contemporáneas máis exitosas, tanto no seu país coma no mundo. Comezou a súa carreira en 1986, inspirada polas lecturas dos clásicos do seu país, especialmente do premio Nobel Kenzaburo Oé.
As súas obras, como La fórmula preferida del profesor, transformáronse nun éxito de venda editorial.

Chega agora ás librarías un libro anterior que acaba de ser traducido ao castelán
Perfume de hielo. A protagonista deste libro é a nova xornalista Ryoko quen, despois de que o seu noivo se suicidase, se decata do pouco que sabía del. Hiroyuki era perfumista en Tokyo, a parella levaba convivindo un ano e un día el inesperadamente decide quitar a vida. Para comprender este misterio, Ryoko decide emprender unha investigación e unha viaxe ao pasado do misterioso home ao que amou sen coñecer. A xornalista chega a Praga e vese envolvida no sorprendente misterio que rodeaba a figura de Hiroyuki, que se vincula tanto co mundo dos olores coma co dos números. Apelando tanto á súa memoria coma tamén a recordos alleos, a protagonista vai trazando diferentes hipóteses que a conducen á verdadeira personalidade de Hiroyuki.
Perfume de hielo constitúe un vedadeiro homenaxe ao desasosego á par que un retrato pulcro da idiosincrasia xaponesa co seu triángulo: perfección, lealdade e traballo.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas