Poesía con nome
Na Coruña, este martes 17 con Lucía Aldao e Luis Eduardo Aute. Será unha cita coa poesía concibida para transmitir en directo. O de Aldao é un dos nomes máis renovadores na lírica galega actual, sobre todo pola súa capacidade para comunicar en directo coa palabra. E Aute compaxina as súas facetas de músico e pintor coa poesía, na que amosa enxeño, ritmo e expresividade. O recital celébrase na Casa Salvador de Madariaga, onde se repetirá o martes central de cada mes. O 15 de decembro participarán Luis García Montero, un dos poetas en castelán máis recoñecidos na actualidade, e Luz Pozo Garza, a poeta galega de traxectoria máis dilatada. O 19 de xaneiro visitará A Coruña Joan Margarit, un dos grandes poetas en lingua catalá, que compartirá tempo e espazo cun referente da lírica galega, Xosé Mª Álvarez Cáccamo. O ciclo continuará logo con outras sete citas ao longo de 2010.
Información, vía Vieiros:
http://www.vieiros.com/nova/77156/a-poesia-ao-encontro-do-publico
http://www.vieiros.com/nova/77156/a-poesia-ao-encontro-do-publico
1 comentario:
Lucía Novo estubo fantástica, Aute divertido
Publicar un comentario