VÉMONOS NO TEATRO...
Sarabela Teatro, Compañía Residente de Ourense, pon sobre o palco neste novo outono teatral o espectáculo A esmorga adaptación da novela homónima da autoría de Eduardo Blanco Amor.
Eis a ficha técnica e artística:
Eis a ficha técnica e artística:
Escenografía: Suso Díaz
Iluminación: Suso Díaz
Son: Vadzim Yukhnevich, Yuri Sidar
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Vadzim Yukhnevich, Yuri Sidar
Elenco: Fernando Dacosta, Suso Díaz, Josito Porto, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito Asorey
A esmorga é unha traxedia aceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vinte e catro horas deambulan polos arrabaldes de Auria -transfondo ficcional da cidade de Ourense-. Perseguidos pola Xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas, O Alifante), sen oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes, O Maricallas), xastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcohol, no sexo e na violencia. A entrega aos praceres máis primarios, como fuxida á adversa realidade en que viven, lévaos á autodestrución.
A historia transcende a época e o espazo. Podería acontecer hoxe en calquera cidade occidental. Os tres esmorgueiros constitúen prototipos de individuos alienados, con pouca conciencia de clase e cunhas condicións de vida que os levan á autoexclusión dunha sociedade que á súa vez lles dá as costas.

Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto
FONTE:
Se queres ver o vídeo, preme aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario