Blog da Biblioteca do IES de Curtis: IDIOMA GALEGO: A PÉ DE RÚA (21/01/2010)

22/1/10

IDIOMA GALEGO: A PÉ DE RÚA (21/01/2010)



CANTO AO IDIOMA GALEGO
Manuel María

IDIOMA meu, humilde, nídio, popular,
labrego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ao burgués, ao señorito e ao tendeiro;

levas sangue de povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sen mágoas nen tristuras.

Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a pobreza e o delito,
fala do emigrante e do maldito:

só resoas nos lares
das xentes populares.
Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
para erguer noso futuro
de povo absoluto e verdadeiro!

Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas