Xa se coñecen os resultados das votacións que convocou o popular web Entrecomics para escoller as mellores obras de 2009. Entre os seleccionados, atópase unha ampla representación galega. Nese sentido, destaca que as tres obras gañadoras na categoría Mellor cómic nacional editado nunha lingua distinta do castelán son do noso país. O último número de Barsowia, Os lobos de Moeche e Centoloman foron os títulos seleccionados polos lectores neste campo. Canda isto, tamén atopamos Centoloman no primeiro posto dos Premios Josep Coll ás obras que pasaron máis desapercibidas empatada con El corazón de los árboles editado por Polaqia, sendo seleccionadas entre 100 propostas. En canto á Mellor reedición de material nacional atopamos o Peter Petrake de El Patito Editorial nun segundo posto ex-aequo, mentres a recompilación do fanzine Enfermo colleitou o terceiro. Á hora de escoller a mellor BD estatal, atopamos nun quinto posto As serpes cegas, editada por BD Banda, e no noveno o xa mentado El corazón de los árboles.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario