Blog da Biblioteca do IES de Curtis: La lluvia antes de caer

9/2/10

La lluvia antes de caer


- (...) Non me importa que chova en verán. Ata me gusta. É a miña chuvia favorita.
- A túa chuvia favorita? -dixo Thea-. Pois a miña é a chuvia antes de caer.
- Pero, ceo, antes de caer en realidade non é chuvia. (...) É só humidade. Humidade nas nubes. (…)
- Xa sei que non existe. Por iso é a miña favorita. Porque non fai falta que algo sexa de verdade para facerte feliz, non ?


Rosamond morreu. Tiña setenta e tres anos, sufría do corazón e negárase a operar. Tras o enterro, o testamento. Rosamond nunca casou nin tivo fillos, e a súa herdanza deberá repartirse entre Gill e David, os fillos da súa irmá, e Imogen, unha case descoñecida, que Gill viu unha vez, hai máis de vinte anos nunha reunión familiar. Era unha nena loira e cega de sete anos, estraña e encantadora, que seduciu a todos os convidados. Gill atopa varias cintas de casete que Rosamond gravou e unha nota onde lle di que as cintas son para Imogen, e se non a atopa, que as escoite ela. Tras buscar sen éxito á xoven, Gill e as súas dúas fillas volven oír a voz de Rosamond que, apoiándose na minuciosa descrición de vinte fotografías, conta unha historia de nais e fillas que vai dende os anos corenta ata o presente, tres xeracións de mulleres ligadas polo desexo, a culpa, a crueldade, a ambivalencia dos seus afectos...


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas